Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2016/17.

O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 23 de xuño de 2016.

Publicación da listaxe provisional do fondo libros: o 6 de xullo.

Publicación da listaxe definitiva do fondo libros: o 8 de xullo.

Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.

Documentos para descargar:

Publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o curso 2016/17

Publicadas as listaxes definitivas da admisión de alumnado para o curso 2016/2017.

Para máis información deben pasar pola secretaría do centro.

As listaxes que tamén se atopan no taboleiro de anuncios do centro son as seguintes:

 

Os alumnos e alumnas admitidas deberán formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

Admisión de alumnado para o curso 2016/17

A partires do vindeiro  1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2016/17.

Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2016-17
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 29 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 1 ao 12 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  25 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

Entroido 2016!!!!!

Xa chegou o entroido! E con el a visita máis esperada, Don Manoel e Dona Xertrudis. Estade atentos aos seus mandados todos os días se non queredes acabar... ENFARIÑADOS!

Comezamos:

LUNS 1:

Declaramos o luns...

Día da praia.

MARTES 2:

Declaramos o martes...          

Día do deporte.

MÉRCORES 3:

Será ....

O día do sono.

XOVES 4:

É ... o día do revés.

 

Visita dos alumnos e alumnas de 1º á oficina de Correos de Lalín

Quemos agradecer á oficina de Correos  de Lalín que nos obsquiaran co selado dunha postal de Nadal na visita que realizamos ás súas instalacións os alumnos e alumnas de 1º de Primaria.

Ademais, agradecerlles tamén á atención coa que nos recibiron.

Segunda convocatoria de axudas para adquirir materiral escolar

Apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

Prazo de presentación de solicitudes: Do 11  ao 24 de novembro.

Documentación que deben achegar xunto coa solicitude: Copia do libro de familia e orixinal para cotexar.

 

Documentos para descargar:

Orde da convocatoria

Impreso solicitude

Convocadas as axudas para a adquisición de material escolar: curso 2015/2016

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16.

Esta axuda está destinada a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

Prazo de presentación

Inicio do prazo: 02.09.2015

Fin do prazo: 01.10.2015

Para máis información picar no seguinte enlace.

Documentos para descargar:

Impreso solicitude

Orde da convocatoria

Listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros de texto

Póndense consultar as listaxes definitivas de admitidos no fondo solidario de libros de texto, así como os libros que lles foron asignados.

O reparto dos libros asignados levarase a cabo a principios de setembro. Serán avisados polo centro.

Listaxe definitiva de admitidos.

Distribuir contido