ENTROIDO 2013

Como cada ano por estas datas Don Manuel e Dona Xertrudis veñen pasar o Entroido con nós. Nesta ocasión atopámolos "rexuvenecidos", parece que se adicaron a levar unha vida sa e mesmo semella que fixeron exercicio.

Cada día darannos unha consigna para que non acabemos enfariñados. Estade atentos!!!!

O venres día 8....TODOS DISFRAZADOS!!!!!!!!

LUNS 4: Algo pintado na cara.

MARTES 5: Todos cun babeiro orixinal. 

MÉRCORES 6: Levaremos "algo" vendado.

XOVES 7: Con colares orixinais .

VENRES 8: Todos DISFRAZADOS!!!!!!!!!!!.

O noso Meco xa está disfrazado de "Cacharelo".


Carreiras Solidarias polas Vacacións en Paz

     Os alumnos do centro participaron nunha carreira solidaria coa finalidade de recaudar fondos para colaborar co programa "Vacacións en Paz" organizado para axudar aos nenos do Sahara que acuden a Galicia a pasar os dous meses de verán.

     Queremos agradecer a toda a Comunidade Educativa e, en especial, ás familias pola aportación económica. Recaudáronse 748,10 euros.

     Moitas grazas a todos pola colaboración.

DÍA DA PAZ

     Celebramos o Día da Paz solidarizándonos cos nenos e nenas do Sáhara e sacando todas as cousas "malas" do noso planeta.

 

Nadal 2012

Os alumnos do CEIP Manuel Rivero  realizaron un Belén con materiais reciclables.

Magosto

Celebramos o magosto con xogos, música, doces e... moitas castañas!

Tamén tivo lugar o "IV Concurso de Doces Elaborados con Froitos de Outono". Despois de moito deliberar o sufrido xurado outorgou os seguintes premios:

1º PREMIO E MELLOR PRESENTACIÓN

"Torta de queixo e frambuesas"

César Gómez - 6º de E. I.

2º PREMIO

"Torta de castañas"

Antía Nistal - 5º de Primaria.

3º PREMIO

"Biscoito de mandarina"

Nico Vázquez. 6º de E.I.

Queremos agradecer a colaboración a toda a comunidade educativa, en especial aos alumnos e alumnas de 6º e a todas as familias que cada ano se esmeran máis, como ben podemos comprobar.

Samaín 2012

Chegou o Samaín e o noso colexio encheuse se cabazas, arañas,...

Se queredes ver máis fotos picades na galería.

Libros de texto para Educación Infantil e Primaria para o curso 2012-2013

Pódense consultar aquí as listaxes de libros de textro para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2012-2013.

EDUCACIÓN INFANTIL

4º (3 anos) 5º ( 4 anos) 6º ( 5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

Distribuir contido