Visita de Xosé Neira Vilas

Recibimos a visita de Xosé Neira Vilas, escritor galego, con motivo da conmemoración do 50 aniversario da publicación da súa obra: "Memorias dun neno labrego" que narra os pensamentos e aconteceres dun neno (Balbino), na nosa comarca durante posguerra.






25 DE NOVEMBRO DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Poñemos o noso gran de area para que o 25 de novembro deixe de ser unha data de necesaria reivindicación.

 

A castaña no outono

O venres fixemos no centro unha homenaxe á castaña como froito estrela do outono.


Na biblioteca, recitamos poesías, adiviñas, cantigas,....

 

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O4 de novembro celébrase o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.

Este ano está adicado á Química, facéndoo coincidir co Ano Internacional da Química, e co centenario do Premio Nobel de Marie Curie. Tamén se homenaxea á matemática galega María Wonenburguer.

No centro celebraremos ao longo da vindeira semana "A Semana da Ciencia".


Samaín

Xa chega o Samaín, aquí tedes un xogo para que o pasedes ben!!!


Reunión comedor

O martes día 13 de setembro ás 20:30 horas da tarde, terá lugar na Biblioteca do centro unha reunión cos pais/nais de alumnos usuarios de comedor.

Ata setembro...

 


F E L I C E S    V A C A C I Ó N S


 

DÍA DE EUROPA

O 9 de maio de cada ano celébrase o Día de Europa.

Ao longo de  toda a semana dende o 2 de maio ata o 9 de maio sucédense os actos conmemorativos desta data en todos os países da UE.

Hoxe o patio do noso colexio convirteuse nun crebacabezas xigante que representaba o mapa da Unión Europea. Colaboraron alumnos do noso colexio e do CPR Sagrado Corazón de Lalín.

Podedes ver as fotos na galería.


Distribuir contido