SEMANA DO ENTROIDO

Para ver todas as fotos pica na galería

XA CHEGOU O ENTROIDO!!!!!!!!!

Estabámolo esperando!!!

Xa están aquí Dona Xertrudis e Don Manuel que veñen celebrar o entroido con nós.

Como cada ano daránnos unha consigna diraria que nos librará de acabar enfariñados.

Remataremos o VENRES DE ENTROIDO cunha gran festa de disfraces.

 

CONSIGNAS:

LUNS: Debemos vir todos con algo orixinal na cabeza.

MARTES: Todos cun coador colgado da cintura.

MÉRCORES: Todos con mandil.

XOVES: Temos que vir todos de garavata.

VENRES: Cada un ven disfrazado da casa como quere.

 

DíA DA PAZ

                                                               

 

 A nosa actividade, todo o noso traballo dos últimos 25 anos (1985-2010), pretende difundir, na escola, na vida e na sociedade, que a paz é moito máis que un fermoso conto infantil, de pombas e globos...para representar cada ano a finais do mes de xaneiro, no cabodano da morte do Mahatma Gandhi.

(Manuel Dios Diz. Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz.)

MAGOSTO

O venres 22 celebramos O Magosto.

A primeira hora tuvo lugar o II Concurso de doces elaborado con productos de outono.

Resultaron premiados:

1º PREMIO: Pudin de pan con noces. Presentado por Yeray e Aimar Díaz Peña, de 2º e 1º de Primaria.

2º PREMIO: Tarta de chocolate con noces. Presentada por Brais García Pol, de 5º de Primaria.

3º PREMIO: Madalenas de noces. Presentadas por Xabier Crespo de 1º de Primaria.

MELLOR PRESENTACIÓN: Tronco recheo de crema de castañas con baño de chocolate. Presentado por Elena e Pablo González López , de E.I. de 5 anos e 3º de Primaria.

A partir das 12:00h. celebráronse xogos tradicionais, asáronse castañas, e logo, por suposto, comémolas, e tamén os doces.

Queremos agradecer aos pais e nais, e aos nenos e nenas, sobre todo de 5º e 6º, a súa colaboración.

Se queredes ver as fotos todas clicade aquí.

II CONCURSO DE DOCES CON PRODUCTOS DO OUTONO

O vindeiro venres día 20 de novembro celebraremos "O magosto".

O Equipo de Normalización Lingüística en colaboración con Ravertiña (que xa anda apañando castañas), convocan o "II CONCURSO DE DOCES ELABORADOS CON PRODUCTOS DO OUTONO".

 

Animamos a todos/as pais/nais e alumnos/as a participar neste concurso que ten como premio a satisfacción de facer as ledicias de todos os nenos e nenas cando proben os vosos doces.

 

A recollida de doces farase o venres a partir das 9:00h.

 

A degustación levarase a cabo na biblioteca por un xurado escollido entre pais e nais así como mestres que queiran participar.

 

Boa sorte a todos.

 

 

OS ESQUÍOS DAN A BENVIDA AO OUTONO

Nós, coma os esquíos deste vídeo, tamén damos a benvida ao outono, que agora si que parece que chegou de verdade.

Esperamos que vos guste.

 

 

Dance of the Seasons from joe daniels on Vimeo.

A MOCHILA VIAXEIRA

Hoxe comeza a súa andaina A Mochila Viaxeira.

Viaxará por todos os fogares compartindo momentos de lecer e diversión coas familias.

  

LIBROS DE TEXTO 2009-2010

GRATUIDADE SOLIDARIA

 

O Goberno decidiu que variará o seu programa de gratuidade de libros de texto, así implantará neste curso o novo programa de GRATUIDADE SOLIDARIA, baseado en bolsas de axuda, que substituirá progresivamente ó modelo de préstamo vixente.

Os cursos que se ven afectados por este cambio serán 1º, 2º, 5º e 6º de primaria.

Os cursos de 3º e 4º de primaria seguirán disfrutando do sistema de préstamo cos lotes de libros que hai no centro.

O prazo para solicitar as axudas será do  1 ó 30 de setembro.

Os formularios pódense cubrir na rede, imprimilos e traelos ó centro impresos xunto coa documentación.

Pódese consultar toda a información relacionada co programa de GRATUIDADE SOLIDARIA (plazos, documentación, cuantía das axudas, descargar formularios de solicitude,...)  no seguinte enlace:

Mamá Cabra

 

Fomos ao Auditorio a ver unha actuación do grupo musical "Mama Cabra". Cantamos, bailamos e pasámolo moi ben como se pode ver nas fotos que atoparedes na "galeria".

 

Distribuir contido