Letras Galegas 2012

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade.

Aquí tedes unha presentación realizada polo IES Pedra da Aguia, para saber máis sobre a súa vida e obra.

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

Están publicadas as Listaxes Definitivas de Admisión de Alumnos.

Os alumnos admitidos deben pasar polo centro para  a formalización de matrícula entre o 20 e 30 de xuño.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do Centro, son as seguintes:

- Listaxe definitiva de admitidos para 4º de E.I. (3anos).

- Listaxe definitiva de admitidos para 5º de E.I. (4anos).

- Listaxe definitiva de admitidos para 1º de Primaria.

- Listaxe definitiva de admitidos para 5º de Primaria.

PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

Están publicadas as Listaxes Provisionais de Admisión de Alumnos.

Ábrese un prazo de reclamación dende mañá día 27 de abril ata o  4 de maio inclusive, de non estar dacordo coa puntuación obtida.

Para  máis información deben pasar pola Secretaría do Centro.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do Centro, son as seguintes:

Día do Libro

     Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, comenza a Semana das Contadas dos Nenos.

     Como xa ven sendo costume cada ano por estas datas,os alumnos de 6º de Primaria exercen de contacontos. Durante a Hora de Ler, ao longo de toda a semana, van polas clases lendo contos e historias aos alumnos dos demais cursos.

     Sen dúbida é unha gratificante e motivadora experiencia para todos.

    Por uns intres, párase o reloxio, e somos transportados a un mundo de fantasía cheo de persoaxes, aventuras,....

     Boas lecturas, rapaces!!!!!!...e lembrade que, como dixo Thomas Carlyle, "Os libros son amigos que nunca decepcionan".

Prazo de admisión de alumnos/as para o curso 2012-2013

  O PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2012-2013 ABRANGUE DESDE O 1 DE MARZO ATA O 10 DE ABRIL INCLUÍDO.

   As prazas vacantes para o vindeiro curso, zona de influencia, prazos, ... e demais información, atópanse no taboleiro de anuncios do centro.

   Pódense recoller os impresos na Secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00 horas.

   Datas e prazos:

1 DE MARZO  - 10 DE ABRIL INCLUIDO

PRAZO PARA  A ADMISIÓN  DE ALUMNADO

DO 11 DE ABRIL  - 20 DE ABRIL

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA

DO 26 DE ABRIL -   30 DE ABRIL

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS / RECLAMACIÓNS

ANTES DO 11 DE MAIO

RESOLUCIÓN RECLAMACIÓNS / PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

DO 20 – 30 XUÑO

MATRÍCULA EDUCACIÓN INFALTIL E PRIMARIA

Celebramos o entroido.

Por fin o día máis esperado. As nosas aulas e o patio enchéronse de colorido e fantasía. Aquí tedes unha pequena mostra.

Podedes ver e descargar as fotos na galería.

ENTROIDO 2012

 

XA CHEGOU O ENTROIDO!!!!!!!!!

Estabámolo esperando!!!

Xa están aquí Dona Xertrudis e Don Manuel que veñen celebrar o entroido con nós.

Cada día darannos unha consigna para que non acabemos enfariñados. Estade atentos!!!!

 

 

CONSIGNAS:

LUNS: Todos con nariz de paiaso.

MARTES:  Algo orixinal na cabeza.

MÉRCORES: Todos con pixama ou bata. 

XOVES: Traemos os calcetíns (orixinais) por fóra dos pantalóns. 

VENRES: O gran día! Disfraz libre. Eso sí, sen accesorios perigosos nin máscaras que dean medo aos máis pequenos.

Distribuir contido