Videoconferencia

Conectarse a unha clase non presencial

Para asistir a unha clase non presencial debes seguir os pasos:

  1. Pica no icono da Aula Virtual que se atopa na parte superior dereita desta páxina.
  2. Accede ao teu curso/nivel.
  3. No horario de clase debes picar na clase que che corresponda según hora e día da semana.
  4. Levarate á sala persoal do profesor/a da materia. Unha vez alí segue as indicacións: 

                           - Clica en unirse desde o navegador (lembra que debes usar Google Chrome)

                           - Cando cho pida escribe o teu nome e apelidos e no espazo de correo electrónico escribe: nonresponder@edu.xunta.gal.

                           - Escribe no cadro os caracteres que aparecen na imaxe e pica en seguinte.

                           -  Pica en unirse e  debes permitir o uso da cámara de do micrófono cando cho pida en ventás emerxentes.

                           - Se o profesor non está aínda conectado debes agardar sen clicar en máis nada e se está debes agardar a que te admita na sala.

 Lembra antes de comezar a clase de ter todo o preciso enriba da mesa e ser moi puntual.

 

Unirse a unha clase por videoconferencia.

Cisco Webex

Asistir a unha videoconferencia por webex

 

<\center>

Distribuir contido