II CONCURSO DE DOCES CON PRODUCTOS DO OUTONO

O vindeiro venres día 20 de novembro celebraremos "O magosto".

O Equipo de Normalización Lingüística en colaboración con Ravertiña (que xa anda apañando castañas), convocan o "II CONCURSO DE DOCES ELABORADOS CON PRODUCTOS DO OUTONO".

 

Animamos a todos/as pais/nais e alumnos/as a participar neste concurso que ten como premio a satisfacción de facer as ledicias de todos os nenos e nenas cando proben os vosos doces.

 

A recollida de doces farase o venres a partir das 9:00h.

 

A degustación levarase a cabo na biblioteca por un xurado escollido entre pais e nais así como mestres que queiran participar.

 

Boa sorte a todos.