Correlingua 2009

 

 

Os alumnos do 1º ciclo de Primaria acudiron á edición do Correlingua 2009 celebrada en A Estrada o pasado xoves 14 de maio, en representación do Ceip Manuel Rivero. Fotos.

Despois remataron o día cunha visita pola tarde ó Museo Etnográfico "Casa do Patrón" en Doade.

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

Están expostas no centro as listas definitivas de alumnos admitidos para o curso 2009-10.

17 de maio "DIA DAS LETRAS GALEGAS 2009"

 

Este ano a Real Academia Galega decidiu adicar o Día das Letras Galegas ó escritor e tradutor Ramón Piñeiro López.

Segundo indica a RAG o seu traballo supuxo un "paso decisivo" para a normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber.

Se queres saber mais sobre o escritor pulsa aquí.

 

 

 

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMISION DE ALUMNOS

Martes 28 de abril saen publicadas as listas provisionais de admitidos e non admitidos para 4º de E.I. 2009-10.

Poden consultarse no tablón de anuncios do centro e na Secretaría.

Ábrese un plazo de reclamación de 5 días a partir da data de publicación.

Visita a Pepe Carreiro

Hoxe, Día do Libro, os nenos de 1º de Primaria foron ó Museo a ver a Pepe Carreiro, debuxante dos personaxes tan coñecidos por todos, "Os Bolechas". Pepe Carreiro ensinounos como fai os seus debuxos e quedamos abraiados. ¡Que ben o fai!

Divertímonos moito!.

 Se queredes ver mais fotos, atópanse na Galería.

APERTURA DO PLAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

O prazo para admisión de alumnos estará aberto dende o luns día 2 de marzo ata o martes 31 de marzo, ámbolos dous inclusive.

Poden pasar recoller os impresos polo centro en horario de 9.00h. a 14.00h.

CELEBRAMOS O ENTROIDO

 


 

 

O venres celebramos o entroido, desfilamos todos no patio e pasamolo moi ben. Tivemos bruxas, demos, superheroes, gheisas, paiasos,...e ata nos veu visitar o clero. Non vos perdades as fotos.

BENVIDA

Esta é a nova páxina do CEIP Manuel Rivero de Lalín. Aínda estamos en construcción. Irémola enchendo pouco a pouco de información, novas, imaxes,... que sexan do interese de todos. Agardamos as vosas visitas. Dende o CEIP Manuel Rivero saúdos a todos e BENVIDOS.

Distribuir contido