Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017

Lun, 16/05/2016 - 08:40

Xúntase a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Prazo para presentar solicitudes
  • 1. O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
  • 2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017.
  • 3. O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.