Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017 [1]

Enviado por administrador a Lun, 16/05/2016 - 08:40
Gallego

Xúntase a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Prazo para presentar solicitudes
  • 1. O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
  • 2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017.
  • 3. O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.
  • Información e descarga da solicitude [2]

File: 

PDF icon Orde do 27 de abril de 2016 (DOG) [3]
PDF icon Librarías incluídas no programa axudaslibros [4]
PDF icon Orde do 27 de decembro de 2016 pola que se amplían os importes para o financiamento das axudas(DOG) [5]
Información relacionada

Servizo relacionado: 

Fondolibros [6]
Axudas libros de texto [7]
Fondo solidario [8]
Educación primaria [9]
Educación secundaria obrigatoria [10]
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos [11]
Subdirección Xeral de Centros [12]
Alumnado [13]
Familias [14]
Centros [15]
Boletín [16]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988
[2] https://sede.xunta.es/resultados-da-busca-tramites?client=default_frontend&ie=UTF-8&hl=en&partialfields=Tipo%3A13|Tipo%3A6|Tipo%3A1|Tipo%3A2|Tipo%3A12|Tipo%3A8|Tipo%3A17|Tipo%3A15|Tipo%3A10|Tipo%3A3|Tipo%3A16|Tipo%3A11|Tipo%3A4|Tipo%3A9|Tipo%3A5|Tipo%3A14|Tipo%3A7|Tipo%3A18|Tipo%3A19|Tipo%3A20|Tipo%3A21&as_q=ED330B
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160516_axudas_libros.pdf
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/listado_establecementoslibrerias2017.pdf
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0164-281216-0002_gl.pdf
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/14929
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/118
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/938
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/9
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/54
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613