Convocadas as axudas para a adquisición de material escolar: curso 2015/2016

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16.

Esta axuda está destinada a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

Prazo de presentación

Inicio do prazo: 02.09.2015

Fin do prazo: 01.10.2015

Para máis información picar no seguinte enlace.

Documentos para descargar:

Impreso solicitude

Orde da convocatoria