Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
Letras Galegas 2017: excursión da ANPA
O día 17 de maio, as familias participaron na excursión que tódolos anos organiza a ANPA. Nesta edición visitamos o ecomuseo de Arxeriz (Escairón) coa guía de Sonia que nos amosou elementos típicos da casa tradicional: o lagar, a cociña... pero tamén a navegación fluvial e artes da pesca no Miño e Sil, así como as catas arqueolóxicas do castro onde desfrutamos da vista do cabo do mundo. Despois de comer fomos ao embarcadeiro de Belesar onde o capitán Miguel e o guía Anxo explicáronnos con detalle tanto o entorno, o impacto da presa de Belesar, a viticultura, o arte románico... Acabamos o día cunha merenda en Chantada. Agradecemos a tod@s que nos acompañarades e emplazámovos para a vindeira convocatoria. |
|