Entroido

Xa chegou o entroido! E con el a visita máis esperada, Don Manuel e Dona Xertrudis que van empezar o Camiño de Inverno.

Estade atentos aos seus mandados

se non queredes acabar... ENFARIÑADOS!

Comezamos:                                                     

LUNS 5:                                                          

Coma os Tonechos imos facer que para vir a Lalín 

puxeron as mellores galas,...e apareceron en pixama!

MARTES 6:

 O martes aínda na casa se comen sobras do cocido

e para demostralo, todos con rabo, orellas e fociño.

MÉRCORES 7:

 O entroido está cerca, ben o ves,

o mércores... todo do revés.

XOVES 8:

O camiño de inverno quero comezar.

Perdín os zapatos e traio un de cada par.

VENRES 9:

Pasiño a pasiño chegamos ao final do camiño.

Vístete como queiras, todo vale, amiguiño!