PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA XOGADE

Os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participaron hoxe na Final Provincial de campo a través do programa Xogade en Portas. Parabéns, rapaces e rapazas.

Publicación de listaxe definitiva de alumnado admitido no servizo de comedor para o curso 2022/23.

Están publicadas  as listaxes definitivas de usuarios admitidos e de reserva para o servizo de comedor para o curso 2022/23. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.

Todos aqueles alumnos e alumnas admitidos deben cubrir o anexo II autodeclaración e entregalo na secretaría do centro ata o 15 de xullo en horario de 10:00h a 13:00h ou a partir do 1 de setembro e antes do día 8. Poden recollelo na secretaría do centro ou descargalo no seguinte enlace:

ANEXO II AUTODECLARACIÓN

Libros de texto e material impreso para o curso 2022/23

Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de texto e  material impreso que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2022-2023.

  • Os de 5º e 6º de Primaria só deben mercar os cadernos que constan no arquivo, entregaráselles en setembro o ordenador do programa E-DIXGAL.
  • Os  libros de 4º EP os os que solicitaron o Fondo Solidario serán  entregados no mes de setembro.
  • Os libros do nivel de 3º EP os que solicitaron o Fondo Solidario deben esperar a saber se lles corresponden algúns do Fondo Solidario para despois mercar os que lles falten.

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

4º (3 anos)

5º (4 anos)

6º (5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 1º

3º 
 5º

Excursión dos alumnos e alumnas de 6º de Primaria

As alumnas e alumnos de 6º de Primaria visitaron onte o Ecoparque de Marín. Foi un gran día de convivencia e diversión.

Visita de Ledicia Costas

O día 24 de maio visitounos a escritora Ledicia Costas para falar dos seus libros e responder a todas as preguntas do alumnado de 3º e 4º de primaria sobre o libro de lectura "Vampira de biblioteca".

Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2022/2023.

O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 22 de xuño de 2022.

Documentación:

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

     Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Artigo 24. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores.

Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.

Documentos para descargar:

Distribuir contido