Publicación das listaxes definitivas do Fondo Solidario de libros de texto

Están publicadas as listaxes definitivas do Fondo solidario de libros de texto. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro, así como os libros que lle foron asignados. 

As persoas solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

O reparto dos libros asignados realizarase no mes de setembro.

 

Libros de texto e material impreso para o curso 2023/24

Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de texto e  material impreso que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2023-2024.

  • Os de 5º e 6º de Primaria só deben mercar os cadernos que constan no arquivo, entregaráselles en setembro o ordenador do programa E-DIXGAL.
  • Os libros do nivel de 3º EP e 4º de EP os que solicitaron o Fondo Solidario deben esperar a saber se lles corresponden algúns do Fondo Solidario para despois mercar os que lles falten.

 

 Correxido erro nos ISBN dos libros de Relixión Católica en EI

EDUCACIÓN INFANTIL

 

4º (3 anos)

5º (4 anos)

6º (5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 1º

3º 
 5º

Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2023/24

O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 21 de xuño de 2023.

Documentación:

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

     Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2021, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Artigo 29. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores.

Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.

Documentos para descargar:

Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos no proceso de admisión de alumnado para o curso 2022/23

Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2023/2024. 

Póden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.

Tamén son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES.

Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.

 

Os alumnos e alumnas que resultaron admitidos deben pasar pola secretaría do centro para formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

Viaxe de fin de curso.

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria atópanse estes días en Madrid de viaxe de fin de curso. Pasádeo ben rapaces!

Admisión de alumnado para o curso 2023/24

A partir do 1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2023/2024.

Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:30h. a 13:30h.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación acreditativa dos criterios do baremo  Do 21 de marzo ao 11 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  25 de abril
Reclamación ás listaxes provisionais  Do 26 de abril ao 3 de maio
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

              Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

ENTROIDO 2023

/center>

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA XOGADE

Os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participaron hoxe na Final Provincial de campo a través do programa Xogade en Portas. Parabéns, rapaces e rapazas.

Distribuir contido