Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2023/24O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria. Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE. Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º. Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo). As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro. Prazo de presentación da solicitude: ata o 21 de xuño de 2023. Documentación: As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2021, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
Artigo 29. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores. Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace. Documentos para descargar: |
|