Xerais do centro

Actividades feitas no centro

Gañadores do VI Concurso de Esopías IES Francisco Aguiar

Presentamos unha pequena montaxe cos gañadores do VI Concurso de Esopías IES Francisco Aguiar. 

Trátase de contar letras de palabras para que se acomoden as cifras do número pi, e que compoñan un todo poético, que aínda por riba, hai que ilustrar dun xeito orixinal. Este ano cabe dicir que hai moitos premiados, culpade tanto a calidade dos traballos coma a imposibilidade do xurado para deixar fóra traballos de calidade. 

VII XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 

 
 
 
 
 
Algunhas das aportacións do IES Francisco Aguiar ás VII Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade
 
Betanzos 7-8 xuño de 2019.
 
 

Venres 7 e sábado 8 de xuño: VII XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 

 

xornadas

Organizadas polo CEIP Vales Villamarín,

IES Francisco Aguiar , IES As Mariñas,

ANPA Brigantium, ANPA O Carregal,

ANPA As Mariñas, CFR A Coruña,

Consellería de Educación, Universidade e

Formación Profesional e Concello de Betanzos.

 

 

7 e 8 de xuño de 2019 –Aula de Cultura Xulio Cuns (edificio Arquivo)
 
 
 
 

5e Concours de desserts français. Vendredi, 7 juin 2019

Desserts5e CONCOURS DE DESSERTS FRANÇAIS
 

Vendredi 7 juin 2019 aura lieu le traditionnel concours des desserts.

 

Voilà les15 desserts en compétition(enlace):

 
La charlotte, Les gaufres, Les crêpes, Le Paris-Brest, L’éclair, La crème brûlée, Les profiteroles, Le mille-feuille, La tarte tatin, Le clafoutis, Les macarons, La tarte au citron meringuée, Le gâteau au fromage  blanc alsacien, Le coulant, La mousse au chocolate       

 

MECÁNICA DO CONCURSO E OBXECTIVOS DIDÁCTICOS. 

1.- As receitas poderán ser obtidas de libros de cociña francesa, revistas ou de Internet sempre que sexan receitas pertencentes á gastronomía francófona.

2.- Durante unha sesión de clase traballaranse os aspectos lingüísticos das devanditas receitas.

3.- Unha vez elixida a receita e traballado o léxico correspondente, os alumnos participantes, de maneira individual ou en grupo (non máis de tres alumnos), elaborarán na casa o devandita sobremesa para a súa presentación ao concurso o día seguinte.

4.- Esta actividade complementaria está deseñada de tal xeito que non interfira nas actividades lectivas cotiás dese día.

5.- Tódalas sobremesas teñen que vir en pratos de usar e tirar. Non nos facemos responsables do que se poida romper.

6.- Os alumnos deixarán a sobremesa ás 8:45 da mañá do día do concurso na biblioteca, nas mesas dispostas ao efecto, xunto cunha pequena tarxeta co nome da sobremesa, así como o nome do(s) concursante(s) na parte posterior. Acto seguido iranse ás súas clases normais podendo volver á biblioteca só no período do recreo.

7.- As sobremesas serán cualificadas por un xurado composto por  membros da nosa comunicade educativa. Ao longo da mañá, os membros do xurado irán pasando polo lugar onde estarán expostos, e iranos degustando e cualificando de acordo cos seguintes criterios: SABOR  e PRESENTACIÓN.

8.- Os alumnos que teñan clase de Francés ese día, poderán baixar, nesa hora, acompañados da profesora (se esta o considera oportuno), para ver a exposición das sobremesas.

9.- No segundo recreo tódolos alumnos de Francés poderán participar na degustación de ditas sobremesas.

10.- O luns da semana seguinte exporanse os nomes das 3 sobremesas gañadoras para os que haberá uns premios moi interesantes.

OBXECTIVOS.

1.- Aspectos lexicais: vocabulario referido aos alimentos.

2.- Aspectos morfosintácticos: o uso do artigo partitivo e do imperativo.

3.- Aspectos socioculturais: familiarizar aos alumnos coa grande variedade e riqueza da cociña francesa en particular, e francófona en xeral.

4.- Espertar o interese dos alumnos por unha alimentación saudable, sen esquecer a dimensión social e cultural da mesma.

5.- Ser capaces de comprender unha receita e elaborala. 

Resolto o IX Concurso de Creación Literaria do Concello de Betanzos

O Concello de Betanzos resolveu IX Concurso de creación literaria das Letras Galegasconcurso

O xurado do IX Concurso de creación literaria, composto por representantes dos distintos centros de ensino, así como os escritores Xabier López e Dores Tembrás, decidiu outorgar os seguintes premios:

CATEGORÍA ESO

Primeiro premio

Iván Sanjurjo Cortés (2.º ESO IES Francisco Aguiar)

Relato: “Shirley Holmes e o caso do Pasatempo”

Accésit

Sofía dos Santos Sánchez (2.º ESO CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”)

Relato: “Os tres días de Pontesampaio”

CATEGORÍA BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS

Primeiro premio

María Fernanda Fuentes Gonzaga (1.º D Bacharelato IES Francisco Aguiar)

Relato: “Para aquel amor”

Accésit

Daniel Lasús Vázquez (2.º Bacharelato IES As Mariñas)

Poesía: “Sutura / Xirasois de ferro / Últimos”

Parabéns a tod@s

Os Correspondentes Xuvenís 3.0 do 'Aguiar' explican a súa labor nun vídeo

Video do alumnado do IES Francisco Aguiar inscrito no Plan Proxecta ' Correspondentes xuvenís 3.0 '. A misión destes mozos e mozas e, apoiados polos profesores coordinadores Julián Ferrer e Amparo Mejuto, difundir polo centro e en redes sociais novas e convocatorias de interese para todo o alumnado.

Dende aquí agradecer a todos os participantes neste proxecto a súa labor.

Luns 6 maio 2019. Primeiro día da VIII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

semana da ciencia

Do 6  ao 10 de Maio 2019

Preme na imaxe ou aquí para acceder ao calendario de actividades.

 

Case coma unha tradición chega a Semana da Ciencia e da Tecnoloxía ao 'Aguiar'. Durante esta semana, o alumnado, protagonista absoluto, instrúe aos seus compañeiros doutros cursos en diferentes disciplinas, mostrando así o resultado duns traballos desenvoltos con esforzo e ilusión ao longo de moitas sesións de clase.

Este ano tan especial para todos os brigantinos, no que celebramos o 800 aniversario da nosa cidade, non poucos proxectos xirarán en torno a nosa vila.

 

Ánimo a todos os alumnos/as participantes, sexan instructores ou instruídos, lembrade aprender disfrutando e disfrutar aprendendo.

 

 

 Programa do luns 6 de maio

 

Sesión
Actividade programada   Demostración EchidnaShield2ºBAC-A/B/C(instrutores) Curso: 1ºESO- B/C Proxectos con relés:Xogo do pulso+ Alarma 3ºESO-A/B/C(instrutores) Curso: 2ºESO-B Proxectos básicos conARDUINO4ºESO-A/B/C/D(instrutores) Curso: 3ºESO-B Circuítos eléctricosdomésticos 2ºESO-A (instrutores) Curso: 3ºESO-B  

 

 

 

Musiqueando 2ºESO 1er recreo soportais da bibliotreca #nosimportalamusica

musiqueando

O vindeiro xoves 11 de abril nos soportais ao carón da Biblioteca durante o primeiro recreo, o alumnado de 2º da ESO únese á convocatoria de Asomúsica (Asociación de Profesores de Música de Secundaria de Galicia) participando na actividade Musiqueando 2019- #nosimportalamusica, organizada pola Confederación de Asociacións de Educación Musical (COAEM).

Por se aínda non coñecedes esta iniciativa, o Musiqueando é unha convocatoria nacional de concertos escolares na rúa que se celebrará simultaneamente en toda España o próximo 11 de abril.

O obxectivo é celebrar un día de festa pola Música escolar e compartilo con toda a sociedade. Para isto só hai que sacar á rúa a música que facemos nas clases e facer un pequeno concerto.

Distribuir contido