Xeografía e historia

Crónicas Romanas IV by Elvira Castro

Luns 3 de marzo
Estamos en vísperas, parece que as pregarias na Basílica de San Pedro surtiron efecto e o sol acompañounos case todo o día. Subimos á cúpula da Basílica, as vistas merecen  a pena a pesar do esforzo realizado por unhas escadas, un tanto estreitas, algún que outro xa estaba arrepentido, pero non había volta atrás.

Xantar na Piazza del Popolo, vista da fonte dos Borrachos. Fracaso en Ara Pacis, só vista externa, os luns pecha. Paseo dende o Vaticano parando en Piazza Navona (música en vivo), última visita ao Panteón e Fontana de Trevi.

Cea de despedida, moi divertida, algúns, aos que tiñamos por tímidos, destaparonse como grandes cómicos, con moita gracia para contar chistes; en fin, unha velada que non esqueceremos. E para rematar... a preparar as maletas porque mañá, ás sete de volta a Betanzos.

Cronicas Romanas III by Javi Villaverde

Durante nuestro tercer día en Roma tuvimos una jornada muy ajetreada, a la par que entretenida.

Por la mañana visitamos los Foros Romanos. Allí, acompañados por la lluvia, recorrimos todo lo que quedaba del esplendor pasado. Después nos propusieron visitar el Coliseo o el Palatino, y la mayoría nos decantamos por el Coliseo, aunque Sergio y Lucía fueron al Palatino, lugar desde el cual comenzó a surgir Roma.
Tuvimos un poco de tiempo libre para comer y a las cinco y media quedamos junto a la Columna de Trajano. Coincidimos también con una cabalgata de Carnaval por el paseo que va desde el Coliseo hasta el Monumento a Victor Manuel II, y eso, de alguna forma nos alegró por sentir aires de Carnavales.
Al final de todo, visitamos los Museos Capitolinos, donde vimos sus fantásticas obras de arte.
Roma, 2 de marzo de 2014 - Crònica de Javi Villaverde.

Crónicas romanas. II

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Roma, 1 de marzo de 2014

 

Continuamos a aventura. Nin as distancias nin a choiva consiguen pararnos, e así é que non deixaremos esquina de Roma sen ver.

 

Hoxe dispuxémonos a marchar cara ó Vaticano e visitar os seus museos, amén da Basílica e a Praza de San Pedro. Unha vez nos museos, sorpresa a de algúns cando o primeiro que nos atopamos foron sartegos e momias exipcias, logo normalizouse o ambiente entre os deuses do panteón grecolatino.

Despois destes, digamos, preámbulos á magnificiencia, atopámonos coa incrible e excepcional Sala dos Mapas, cunha lonxitude que permite unha panorámica inigualable; pero que dicir das Estancias de Rafael? Imposible de plasmar en letra a expresiòn pictórica alí presente. Do mesmo xeito sucede cos Apartamentos Borgia (máis do Quatrocento) e case que non se vai comentar nesta crònica a impresión da Capela Sixtina.

Basílica e Praza de San Pedro do Vaticano son tamén merecedoras dos eloxios que xa reciben (e dos eloxios a quen as deseñou). Despois desta intensa mañá xantamos cos "pregos" e atencións da señora do restaurante.

Pola tarde tivemos tempo libre de compras e paseos pola zona do Panteón e da Fontana de Trevi, e finalmente aquí estamos, no hotel, facendo balance e preparándonos para o que nos espera.

 

Apertas e moitos bicos

Lucia & Elvira


Intrepidos expedicionarios en Roma. Crónica do primeiro día.

Primeiro día, primeiros posados colectivos

 

    Hoy, 28 de febrero comenzó nuestra aventura por tierras italianas. Debido a la lluvia que nos acompañó desde Galicia, tuvimos que cambiar de itinerario.

    Comenzamos nuestra jornada visitando el museo de Villa Borghese en el que apreciamos las magnificas obras de Bernini, Caravaggio, Canova y una exposición temporal de Giacometti. Una vez finalizada la visita nos dirigimos a la Plaza de España y de allí al Panteón, magnifico edificio de la Roma antigua. 

    Pizza, helados y un poco de descanso bajo la lluvia porque Lucia y Elvira ya nos tenian preparado el programa de la tarde: Piazza Navona, iglesias por doquier y maníficas obras de arte como los Caravaggio de San Luigi dei Francesi.
   Después de tanto arte, un minimo paseo hasta el Quirinale y de ahí a las iglesias de San Carlo alle Cuatro Fontane y San Andrea del Quirinale. Y para rematar la faena, bajo un diluvio "La grandiosa Fontana di Trevi".
   A las siete todos en el Hotel "nada cansados"

Viaxe de estudos á Cidade de Roma

 

Os Foros, o Panteón de Agripa, Coliseo, o Ara Pacis.... e, por suposto, algunha que outra pizzería ou gelatteria son o destino dun grupo de 17 rapaces e rapazas do Aguiar dende o 27 de febreiro ata o 4 de marzo.

Esta viaxe recupera a tradición das saidas a destinos do mundo clásico  co que os nosos compañeiros, Sebastián Buedo e Rafaela Villalba, fixeron disfrutar a tantas xeracións de estudiantes do "Aguiar".- Nesta ocasión son as profesoras Lucía Sáez e Elvira Castro as que acompañan na viaxe  a Roma a un entusiasta grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

Las Maestras de la República

PILAR PÉREZ SOLANO, Las Maestras de la República, FETE UGT / Transit Producciones, Madrid, 2013, 63 minutos.

 

Sempre é ilusionante que os profesores do IES Francisco Aguiar queiran facer noso o seu. Neste caso a doazón chega das mans de Victoriano Rodríguez, profesor do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing: Las Maestras de la República ven de recoller o premio Goya á mellor película documental do ano 2013.

Pola memoria que reconstrúe, pola testemuña dun tempo que puido supoñer a conexión do noso país con Europa, polas raices dos movementos de Renovación Pedagóxica, pola heroicidade de querer convertir a educación nunha ferramenta para desmontar unha sociedade clasista e masculinizadora, pola vixencia dos postulados... En fin: por todos os motivos que seguen a movernos a loitar por unha Educación Pública de Calidade que equipare as posibilidades de todos os alumnos... convén visionar este magnífico documental, que queda xa a vosa disposición na Biblioteca do "Aguiar".

Chegou ata os nosos oídos......."Iconografía das Igrexas Góticas de Betanzos", tese doutoral de Alfredo Erias

¿Pode ser que na porta sur da igrexa de San Francisco estea representada unha muller adúltera? ¿Garda algún segredo o pomo da espada de  Fernán Pérez de Andrade? ¿Son os "green men" algo distinto dunha campaña para incitar ao consumo de cervexa? Chegou aos nosos oídos que xa temos resposta a estas cuestións...

Chegou aos nosos oídos.... que o antigo alumno do "Aguiar", e hoxe Director do Museo das Mariñas, do Anuario Brigantino e do Arquivo e Biblioteca de Betanzos, Alfredo Erias,  acaba de recibir a cualificación de sobresaínte "cum laude" pola súa tese doutoral . O pasado xoves 30 de xaneiro, na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela,  presentaba o seu traballo:"Iconografía das tres igrexas góticas de Betanzos", traballo que agardamos poder ver publicado máis cedo que tarde.

¡ Noraboa !  Un motivo máis de orgullo para  grande comunidade do IES "Francisco Aguiar"

NOTA DO EDITOR:

A resposta ás tres preguntas iniciais deberá buscalas o amable lector entre as ¡ 800 ! Guiño páxinas que compoñen o documentado estudo de Alfredo Erias 

¡ ÁNIMO !

Chegou ata os nosos oídos......."Historias de Betanzos" de Xosé Tomás

"Chegou ata os nosos oídos..."  é unha etiqueta da web do IES "Francisco Aguiar". Con ela queremos facermos eco  do que ocorre máis aló dos muros do Instituto. Agrádanos dar a coñecer eventos e noticias relacionados con persoas que estiveron entre nós (alumnado ou profesorado, comunidade escolar en xeral) ou con aquelas que aínda forman parte deste proxecto educativo. Trátase de amosar outra cara que non sexa a estrítamente académica.  

Hoxe, cun certo retraso vacacional,  damos conta de que chegou aos nosos oídos... que o ex alumno do Aguiar, Xosé Tomás Díaz Teijo, presentou o pasado 27 de decembro no Salón Azul do Liceo o primeiro volumen de "Historias de Betanzos". Unha obra de banda deseñada no que comeza o seu repaso por algúns aspectos da historia da nosa cidade.  O seu afán didáctico (non en van é compañeiro nas lides educativas como profesor de Inglés)  levouno a engadir tamén  un pequeno caderniño de traballo-guía de observación.

Noraboa a Xosé Tomás por este libro -e por todo o seu traballo-  do que Betanzos e o seu vello Insti' se sinten ben orgullosos.

 

E xa sabedes... dádenos a coñecer noticias relativas á grande (e espallada polo mundo mundial) comunidade educativa do Aguiar. 

Balance da visita ao Museo de Arte Contemporánea

Imaxes: Catuxa Gómez. Alumna de Historia da Arte. 2º BAC 

 

O martes pasado tornamos o Instituto polo MAC, as clases polas salas de exposición e as imaxes de proxector por obras de arte. Nesta saída da rutina do horario escolar poidemos disfrutar, uns máis uns menos, de dúas coleccións moi suxerentes. Na primeira apreciamos a soidade e o silencio de Vilariño e na segunda fixemos un percorrido por obras de autores  máis novos con diversas temáticas. Sen dúbida foi toda unha oportunidade para achegarnos un pouco á arte actual e enriquecer o noso punto de vista.

Icía Rodríguez Arias. Alumna de Historia da Arte de 2º BAC

Distribuir contido