Chegou aos nosos oídos

Chegou aos nosos oídos ...Say My Name á semifinal de "Capitán Demo" de Radio 3

Chegou aos nosos oídos... que os chicos de "Say my Name" dos que forma parte, como batería, a ex do Aguiar Valeria Rubal, acaban de pasar á semifinal (xunto con outros 29 grupos de toda España) do concurso de maquetas que organiza Radio 3 baixo o nome Proyecto Demo 2016. Participan coa canción "Take me home" que podedes escoitar neste enlace.  

Unha das características deste certame é que o voto é cousa do público. Así que animamos a escoitar a Say my Name... e a votalos antes do 24 de abril ás 23.59h.

 

Chegou aos nosos oídos...Amaia Tomé presenta exposición de arte plástica

Chegou aos nosos oídos...que a alumna de 1º BAC Amaia Tomé presenta o venres 8 de abril exposición de acrílicos e debuxos co título "Tonalidades". Será ás 20.00h na Libraría Biblos de Betanzos. Confirmamos a polifacética labor creativa de Amaia á que temos visto en actuacións musicais e, recentemente, gañando o premio Minerva de relato. 

A nosa ledicia multiplícase pola compaña que Amaia terá na súa presentación: Como madriña unha querida nai de ex alumna, e sempre dispoñible colaboradora do Aguiar, Sabela Arias. E como acompañante musical outra alumna de 1º BAC a violonchelista Maia López.

Quen dá máis!

Chegou aos nosos oídos...Luga (Luciano Fernández), ex do Aguiar, presenta disco

Chegou aos nosos oídos... que o ex do Aguiar Luciano Fernández (Luga)logo  de percorrer as principais capitais europeas coas súas cancións presenta o 1 de abril a partir das 20.00 h.  o seu novo disco "Algo que buscar" no Auditorio da Fundación Rodríguez Iglesias en A Coruña. 

Estará acompañado no concerto por Fito Mansilla , Cesar de Centi, Silvia Penide , Robert Pier, Nando Deibes e Franco Carella

 

Sorte para LUGA... unha honra telo escoitado nalgunha festa de graduación....Guiño

Chegou aos nosos oídos...novo recoñecemento á cualidade literaria de Raquel Vázquez

Chegou aos nosos oídos...un novo recoñecemento para a ex do Aguiar, Raquel Vázquez. Nesta ocasión trátase do premio acadado  polo seu microrrelato na convocatoria de febreiro da V edición do "Microconcurs", na modalidade de castellano. 

Pois aquí o tedes...... "Asperger"

La vergüenza por lo que hicimos aquella noche nos acompañaría para siempre. Ya pudimos intuirlo días más tarde, cuando los de la pandilla nos reunimos de nuevo y nuestras voces se diluían como plástico; cada silencio era un ácido que nos iba corroyendo. El tirachinas y los gorriones, o los petardos al perro de Martínez, apenas ya lograrían regalarnos una divertida indiferencia.
De aquellos amigos de verano solo volví a ver a Jorge, un día por la calle. Y sé que, acallada entre trivialidades, a ambos nos inundó la última sonrisa de Óscar sobre el agua: feliz porque, por una vez, no estaba solo. 
Y le dejábamos jugar con nosotros a los socorristas.
 
 
Raquel Vázquez

 Betanzos (A Coruña)

Chegou aos nosos oídos....Amaia Tomé gañadora do Premio Minerva

Chegou aos nosos oídos....que Amaia Tomé, alumna de 1º BAC do noso IES,  acaba de facerse co primeiro premio na modalidade de narración do prestixioso premio Minerva na súa LXIV edición. O galardón foi concedido polo seu relato titulado "Clare e outras illas".

Os encargados de xulgar os textos narrativos foron o ensaísta e crítico Manuel Quintáns Suárez (como presidente), a tradutora e narradora Ánxela Gracián, o ensaísta e investigador Xurxo Martínez González, o profesor Alberto Muñiz Pascual e servidor, actuando como secretaria a tamén profesora Teresa González da Silva.

Amaia,  como o resto dos gañadores , alén das correspondentes dotacións económicas, serán galardoados cun diploma acreditativo e mais unha medalla de prata do certame durante a entrega de premios, que terá lugar o vindeiro mércores 6 de abril, ás 17:10h., no Salón de Actos do Colexio Manuel Peleteiro, nunha sesión solemne na que pronunciará unha conferencia maxistral o narrador e ensaísta Xosé Ramón Pena e que amenizarán os premiados coa lectura dun fragmento das súas creacións, adianto do que será publicado en breve nun volume editado polo propio centro.

 

Compre destacar  que non é ista a primeira distinción que recibe Amaia, quen o pasado ano se fixo co premio da Fundación Meninos , e  agasallanos coa súa grande actividade creativa en cantas iniciativas xurden no noso IES. 

 

REM Y GUNS & ROSES SCORPIONS 

el hombre tiene ELO STING refugios MOTÖRHEAD lejanos

AEROSMITH HIM de las miserias: KURT SLAYER U2 música, amor.

                                                           Amaia Tomé Tomé

 

Chegou aos nosos oídos...Ángel Arcay e o seu traballo sobre a Galicia pudiente a través das suas receitas.

Chegou aos nosos oídos...que o ex do Aguiar e colaborador en numerosas iniciativas do noso instituto, Ángel Arcay,  acaba de aparecer, o 27 do pasado mes, nunha reportaxe do diario "El Faro de Vigo". Nel dase conta do seu interesante traballo sobre a cociña das clases pudientes de Galicia no século XIX .  O traballo leva o título de:  O Arquivo privado das Mendoza: alimentación e sociedade na Galiza do século XX(enlace).

Ángel preséntase como arquiveiro e historiador e presumindo de ser betanceiro. O seu traballo (que inclúe as receitas)  pode consultarse a través dun blog e dunha páxina de facebook

Por se queredes ir "facendo boca" este é o índice de receitas ata o día de hoxe:Bacalao a la Borgoñesa,Bacalao con coliflor,Bizcocho Saboya,Buñuelos a la Veneciana,Cake Monteporreiro,Cocktail Martini (x3),Compota de manzana a la portuguesa,Corn Muffin,Lengua a la Alsaciana,Licor café,Mousseline de Bacalao,Orejas,Polvorón Sevillano,Roast-Beef,Salchichas con Alubias (y Englische Käsesuppe),Sesos en Salsa,Torta Alemana (o Argentina)

PARABÉNS PARA ÁNGEL E...
Para cando unha degustación de sabores da Galicia pudiente do XIX? 

Chegou aos nosos oídos...Agrupación Teatral Mariñán ESTREA MUNDIAL: O de menos é o nome

Chegou aos nosos oídos... que hoxe, sábado 27 de febreiro a Agrupación Teatral Mariñán, na que participan varios ex alumnos i ex profesores do Aguiar, pon en escea a ESTREA MUNDIAL  da obra "O de menos é o nome".

Sábado 27 de febrero 20:00h
Aula de cultura 
Xulio Cuns
Betanzos
 
Esta asociación é a responsable dunha espléndida programación de teatro da que puidemos disfrutar durante todo o mes de febreiro...agora, na casa, tócalles a eles poñer o colofón. 
PARABENS...E SORTE
 

Chegou aos nosos oídos...Jorge Vázquez "Mellor colección" na Cibeles Madrid Fashion Week

Chegou aos nosos oídos...que o ex alumno do Aguiar, o deseñador de moda Jorge Vázquez, gañou o premio á Mellor Colección na 63ª edición prestixiosa pasarela de moda madrileña MBFWM. 

Deixamos aquí a crónica da revista Vogue:

Ana Poyo  @anapoyotorrado  El asfalto madrileño ha temblado ante los pasos de cientos, miles quizá, de aficionados a la moda española. Todos ellos dirigiéndose hacia el recinto ferial de IFEMA donde se celebra, como cada año, la MBFWM. Una edición cuya banda sonora ha sido tan variopinta como las propuestas que han pisado la pasarela. Para las mujeres ultra femeninas y clásicas, el armario diseñado por Roberto Torreta, Juanjo Oliva o Ángel Schlesser. Para las féminas valientes, sin miedo al destape, Francis Montesinos o Andrés Sardá. Para las transgresoras y heroínas silenciosas, siempre quedará el universo personal de María Ke Fisherman, David Delfín o Ana Locking. Un espectro tan amplio como el calendario oficial ofrece. Pero, entre tantas propuestas, el Premio L'Oréal París a la 'Mejor Colección' ha recaído sobre Jorge VázquezYa lo anunciábamos en la crónica: "Jorge Vázquez ha vuelto". Y al parecer, lo ha hecho por la puerta grande.

 

El aforo máximo del auditorio ya era una señal inequívoca de buena esperanza, con un front row especialmente cargado de personalidades: Yolanda Sacristán, Belén Antolín, Laura Ponte, Eugenia Martínez de Irujo, Alba Carrillo, Eugenia de la Torriente... Todo el mundo deseaba estar allí sentado, aún agolpándose entre los asientos. Todo el mundo se ha deshecho en vítores y aplausos cuando el telón ha caído. Y todo el mundo allí presente podría respaldar la decisión tomada por el jurado. Un jurado, por cierto, muy especial compuesto por el dúo creativo que se esconde tras Alvarno (Álvaro Castejón y Arnaud Millard). Algo que sucede por primera vez en la historia escrita hasta el momento. Este"Marco Polo de la moda ha regresado, diez años después, al programa general de la cita madrileña con aires orientales". Aires con aroma a victoria, si es que la victoria se puede encapsular en un frasco.

A colección de Jorge Vázquez  (enlace)

Chegou aos nos oídos...concerto dos Inesperados. 19 febreiro no Pub Claro Boba!

Chegaron aos nosos oídos... novas andanzas do grupo Los Inesperados. Concretamente un próximo concerto o venres 19 a partir das 22h. no Pub "Claro Boba!" de A Coruña. Este grupo de rock naceu no  Aguiar, e aínda os recordamos naquel concerto de Nadal ataviados con glamurosos pijamas. Hoxe en día a formación é básicamente a mesma coa única ausencia de Sergio, o baixista: Eduardo, Roi e Pablo agora compañados por Diego Ríos.

Así  anuncia o seu próximo concerto no Coruña Daily News:

Los Inesperados es un grupo de rock garage nacido en Betanzos en 2013. Está formado por Roi Mejuto (batería), Pablo Duro (guitarra rítmica y voz), Eduardo de la Fuente (guitarra solista) y Diego Ríos (bajo), el último en incorporarse a la banda. Tras tocar ya por su zona grabaron un EP con material propio (de venta en sus conciertos), en el que se incluyen temas como Déjate llevar o En el 666 (Allí vivo yo).

Sus directos incluyen, además de sus propios temas, versiones de grupos como The Troggs, The Who o The Kinks, así como de formaciones nacionales como Siniestro Total o Los Zigarros, de los que recogen sus influencias de rock & roll, rythm & blues, modo freakbeat.

El sonido de Los Inesperados es duro y potente, reflejado en canciones que rozan el punk y otras con toques de estilos contrastados que le dan un aire psicodélico a los temas.

 Sorte para eles!

Distribuir contido