HORA DE LER
[3ª Sesión]
Estando a ler, «onde queira que sexa», fábulas de Esopo ou relatos de Isaac Rosa.
Folerpas de neve. Meteoescolas de Nadal
Enviado por Anónimo o Mar, 19/01/2021 - 14:22Chegou aos nosos oídos...El Parque del Pasatiempo, por Angel Arcay et alia
Chegou aos nosos oídos .... a aparición dunha nova publicación sobre o Parque do Pasatempo. Tras dela, entre outros, o noso aprezado ex alumno, Angel Arcay Barral acompañado por dous fieis co-currantes a favor do Parque do Pasatempo : Yosu Duo e Josiño Souto.
Pero... ninguén mellor que Ángel para explicarnos alguns aspectos sobre a súa obra.
Quen é Angel Arcay?
Ángel Arcay Barral é un antigo aluno do IES Fco. Aguiar que despois estudou Historia e trata de vivir dela. A través da historia chegou ao mundo dos arquivos e da interpretación do patrimonio, que son as dúas cousas que lle dan de comer. Acaba de presentar un libro sobre o Pasatempo feito con dous amigos, Yosu Duo e Josiño Souto.
Por que o Pasatempo?
Porque foi unha aventura que comezou José Souto fai case unha década, investigando algo aínda descoñecido, e ao que nos sumamos moita xente despois. Tiñamos a obriga de xuntar toda a información recollida nestes anos para poder presentarlla de forma coherente á xente. E non deixa de ser algo que facemos nos nosos ratos de ocio, polo que foi tamén unha maneira de levar mellor o encerro do 2020, compartindo investigacións e traballo con amigos, tanto os que asinan o libro, como os que colaboraron con el.
Como ves a situación do patrimonio no Concello e na bisbarra?
A nivel patrimonial Betanzos é unha gran potencia, pero considero que non se soubo vender para facer isto atractivo. E para min, que tamén son guía oficial de turismo, o patrimonio natural que hai na bisbarra é o complemento perfecto para un destino turístico que podería competir directamente cas grandes cidades, especialmente no turismo que virá cando desapareza a COVID-19.
Que dirías a autoridades e cidadáns respecto ao Pasatempo e ao Patrimonio en xeral?
Diríalle que se animen a coñecelo, porque é algo único no mundo e ten tantas posibles lecturas que seguro que lle acaban atopando interese por algún lado. Na Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo(link) hai un grupo moi heteroxéneo de xente que nos permite apreciar o Pasatempo dende o punto de vista da historia, da arte, da educación, da arquitectura, da ética, da botánica e un longo etcétera. A figura do Pasatempo pode rachar ca imaxe que temos do patrimonio, quizáis máis estático e formal, porque permite centos de lecturas que se complementan unhas con outras.
Só queda, pola nosa parte, dar grazas a Ángel polas súas palabras, polo seu libro e pola súa dedicación ao estudo, divulgación e valoración do patrimonio betanceiro.
HORA DE LER
14ª Semana
[2ª Sesión]
Asumindo riscos: a poesía de Carlos Negro ou a narrativa de Ernest Hemingway.
HORA DE LER
13ª Semana
[1ª Sesión]
HORA DE LER
12ª Semana
[6ª Sesión]
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Juan Luis García, protagonista da curtametraxe El nuevo método
Mateo García dirixe esta curtametraxe na que o noso exalumno Juan Luis García participa como coprotagonista.
Parabéns polo traballo.
Christmas Cards Contest 2020 - Concurso de Postais de Nadal
Enviado por carlos o Mar, 22/12/2020 - 13:05'Luces de Nadal', obradoiro clásico xa, do departamento de Tecnoloxía para o Club de Ciencia. Galería fotográfica
Enviado por Pitusa o Mar, 22/12/2020 - 11:17Onte celebramos unha nova xuntanza do noso Club de Ciencia onde, como vén sendo xa tradición, xogamos coas luces LED para iluminar os nosos corazóns neste solisticio de inverno.
O resultado foi unha tarde máis que interesante onde fixemos tarxetas de nadal con papercircuits e programamos aneis e tiras LED con mBlock e mesmo Arduino.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- …
- seguinte ›
- última »