Navega con Rumbo

12/06/2023 10:35
12/06/2023 10:35
Etc/GMT+2

Os grupos de E1A e 1ED reciben un obradoiro do Plan "Navega con Rumbo". O obxectivo é que as rapazas e rapaces máis novos, que poderiamos definir como nativos dixitais, tomen conciencia dos beneficios e riscos que supón a navegación polo ciberespacio en toda a súa extensión, non só a través de páxinas web senón tamén das redes sociais, das que cada vez son usuarios máis asiduos.