Club de lectura de Adultos Biblos Aguiar

Estimad@s lectores do Club de Lectura Biblos Aguiar:

 

Neste sexto ano de vida, comezaremos cunha xuntanza co escritor José Ovejero.


A proposta de lectura é a súa última novela: Insurrección [Galaxia Gutemberg, Madrid, 2019] da que xa podemos atopar na Libraría Biblos exemplares á venda.

Aínda está por concretar o día no que José Ovejero visite Betanzos: 6, 7 ou 8 de novembro.

Todos os interesados en participar no Club de Lectura poden contactar con nos mediante o correo da Biblioteca Ies Francisco Aguiar: bibliofranciscoaguiar@gmail.com ou mesmo expresando ese desexo na Libraría Biblos.

 

José Ovejero insurreccion

 

Ovejero, licenciado en Xeografía e Historia, traballou como intérprete. Cultiva todos os xéneros literarios: poesía, conto, novela, ensayo, libro de viaxes, teatro...

  • Premio Ciudad de Irún de Poesía 1993 por Biografía del explorador

  • Premio Grandes Viajeros 1998 por China para hipocondríacos

  • Premio Primavera de novela por Las vidas ajenas

  • Premio Anagrama de Ensayo 2012 con La ética de la crueldad

  • Premio Alfaguara de Novela 2013 por La invención del amor.

  • Premio Bento Spinoza de Ensayo 2014 por La ética de la crueldad.

  • Premio Setenil al mejor libro de cuentos por Mundo extraño.