Novas fotos na galería, vídeo e texto explicativo da Viaxe ao Alto Bierzo do alumnado de 4º ESO con Pepe Valverde

Actualizamos nesta entrada o álbum da galería fotográfica do centro con novas aportacións da saída ao Alto Bierzo realizada recentemente con alumnado de 4º de ESO e Pepe Valverde do Departamento de Educación Física.

Incluimos tamén un pequeno video elaborado por Glenn para lembrar esta saída tan especial.

E incluímos unha reseña á propia saída elaborada por Pepe Valverde no seu blogue 'Mindfulness y naturaleza: rutas conscientes" que reproducimos aquí:

A montaña e a escola.


Recentemente fixemos unha saída escolar á zona das Medulas e á Sierra de Gistredo. Dúas rutas, unha de senderismo e a outra, de montaña. E unha noite no albergue O Catoute, de Igüeña.

Esta viaxe suscitouse como unha acción educativa contundente baseada nas seguintes ideas:

Inmersión na natureza. Os modos de vida na sociedade tecnolóxica xeran unha forte desconexión co mundo natural, que algúns autores empezan a relacionar con certas patoloxías que encadran na chamada "síndrome de déficit de natureza". Ademais, esta desconexión contribúe a unha perdida de identidade: os seres humanos somos fillos e fillas da Terra, formamos parte dunha comunidade de vida sen a cal, non somos os mesmos, talvez nin sequera sexamos sostenibles no tempo, si permanecemos desconectados da trama da vida. Unha das obrigacións da educación, é favorecer ese reencontro co mundo natural e xa que logo, das persoas consigo mesmas, pois a nosa identidade está incompleta si ignoramos esa parte esencial da nosa constitución como humanos.

A recuperación desa conexión, tradúcese en felicidade e plenitude. E é percibida como alegría e diversión. A festa de volver a casa.

Preme en ler máis para continuar lendo esta entrada ou visita a entrada no blogue 'Mindfulness y naturaleza: rutas conscientes'

Preme na fotografía para navegar polo álbum da galería fotográfica do centro.


Aprendizaxes vivenciais. Hai diferentes accesos ao saber, sendo os máis eficientes os que mesturan máis cantidade de canles. Si aprendemos só a partir da teoría, o noso coñecemento pode quedar incompleto. Si ademais engadimos a práctica, o saber amplíase. E si ademais vinculamos as emocións e os afectos, o saber alcanza todos o seu sentido. Esa forma de aprender ás veces sérvenos para captar e interiorizar conceptos complexos, como as grandes unidades do relevo, os procesos de formación das cordilleras, as relacións das sociedades humanas coa terra
ou os impactos do cambio climático. Ou nos serve para reelaborar patróns motrices e adaptalos a un terreo complexo e novedoso nas nosas vidas, ou para descubrir o valor da solidariedade e a axuda mutua, ou os valores das persoas coas que no marco de convivencia habitual non conectamos. Esta última aprendizaxe é particularmente importante, pois amplía a nosa mirada, ás veces tan limitada polos prejuicios, e axúdanos a estar máis abertos a todo o que nos rodea.

A convivencia e a súa aprendizaxe específica. Dise sempre que unha das bases da educación é aprender a convivir. Máis veces da conta, a convivencia desenvólvese nun contexto antinatural de competencia (polas notas, nos deportes...) e represión, en nome da educación e o respecto. A convivencia e a súa aprendizaxe alcanzan as súas cotas máximas coa colaboración e a liberdade. Só podemos descubrir a alegría e plenitude que emanan da cooperación desinteresada, cando o facemos libremente, non como resultado dunha imposición. É máis, na adolescencia, a necesidade de experimentar e elaborar un catálogo propio de experiencias vitais coas que orientarse na vida, fai que as imposiciones non sempre dean bo resultado. Con todo...nunha excursión escolar hai que atender a certas normas...
A elección dun albergue, nun pequeno pobo sen recursos de lecer nocturno e con noites moi frías como para andar pola rúa, axudounos a gestionar a convivencia en liberdade. O terreo de montaña e as súas dificultades específicas, axudounos a fomentar a convivencia e a axuda mutua. E a alegría colectiva e compartida, axudounos a mesturar aprendizaxe, experiencia, emocións e afectos.

Sobre a seguridade en montaña e a súa xestión en actividades educativas. Unha das obrigacións que temos quen organizamos este tipo de actividades, é velar pola seguridade do noso alumnado. Nesta ocasión, ademais do equipo docente, que incluía a unha persoa experta en montañismo e gran coñecedora da zona, levamos un guía. Iso permitiunos atender ao grupo e os seus diferentes niveis e gestionar as dificultades que suscitaba o terreo. A elección do itinerario, a época do ano e as circunstancias meteorolóxicas, tamén suman, e moito, na xestión da seguridade. Para saber máis sobre o guía, podedes pinchar aquí.

Hai que resaltar o papel xogado polo equipo docente, facilitando o fluír da actividade nun contexto de respecto, responsabilidade e liberdade, non sempre fácil de conseguir.

E agora...Pirineos?

 

 

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Saída didáctica ás Médulas