Admisión de alumnado en ESO e Bacharelato

admision alumnadoPRAZO:
Do 01 ao 20 de marzo.

Nos ficheiros adxuntos a esta entrada atoparán tanto a información sobre a admisión de alumnado coma o impreso de solicitude de admisión.

Tamén podedes consultar a información premendo en ler máis.

DOCUMENTACIÓN:

Solicitude de admisión cuberta en todos os apartados (Os datos para a valoración da renda per cápita obteranse da declaración do ano 2017 - Suma das casiñas 415 e 435 dividida entre os números de membros da unidade familiar ao 28 de febreiro de 2019). Pode tramitarse a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.


Solicitude para ESO: Fotocopia DNI alumnola e certificado de matrícula .

Solicitude para BAC: Fotocopia DNI alumno/a, certificado de matrícula e certificación académica de 3ª de ESO con nota media.

- A relación provisional de admitidos publicarase o 24 de abril.

- A relación definitiva de admitidos publicarase o 14 de maio.


Poden consultar toda a información sobre admisión e matrícula na seguinte páxina web: http://edu.xunta.es/centros/iesfranciscoaguiar.


NOTA INFORMATIVA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO:

1.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que  poidan corresponderlle.

2.- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3.- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro
distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do 1 de marzo de 2019.

AdxuntoTamaño
solicitude de admisión.pdf1.13 MB
Admisión alumnado_correxido.pdf1.55 MB