Visita do alumnado do Ciclo Superior de Vendas e Espazos Comerciais á GaliciaSkills2018

Galicia Skills 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o V Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2018, tras o éxito conseguido nas anteriores edicións e referendado polos nosos competidores nas edicións dos campionatos estatais SpainSkills e a presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais WorldSkills e EuroSkills.

O alumnado do Ciclo de Vendas e Espazos Comerciais asistirá o vindeiro mércores 28 de novembro.