O ciclo regálase cunha empresarial enchenta de...xeado

O mércores 13 de decembro o alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais segue co seu percorrer por empresas punteiras e referentes da comarca. Nesta ocasión coñecendo a Granxa  "O Cancelo" e a fábrica  de "Bico de Xeado" que se surte da súa materia prima, un leite da mellor calidade. 

En 2016 e 2017, a Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), apoiou a realización dun proxecto de empresa consistente en melloras tecnolóxicas en obrador de xelados. Con este proxecto a empresa pretendía mellorar a súa capacidade productiva e a súa competitividade.

Hai que pedir, nun día como o que elixiron, que Santa Lucía lles conserve a  vista elexindo empresas ( e máis se lles dan a probar).

Agardamos a súa crónica!