A crónica da Pablo Villaverde sobre a visita do Ciclo Superior a Compostela e Pazo Baion

Visita ao Corte Inglés de Santiago e a Bodega do Pazo Baión

O pasado día 23 os alumnos do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciáis visitamos o Corte Inglés de Santiago de Compostela e a Bodega de Pazo Baión, en Vilanova de Arousa.

Chegamos ao Corte Inglés de Santiago en torno ás10 de maña e alí recibiunos Agustín, responsable de Hipercor, que moi amablemente nos mostrou e explicou o funcionamento do hipermercado, así como as técnicas que utilizan para distribuír e repoñer os produtos na tenda. A continuación outro traballador da empresa, Orlando, ensinounos o centro de recepción de mercancías, onde reciben todos os produtos e os distribúen a cada sección da tenda. 

Logo da visita, e da protocolaria foto, tivemos tempo libre para xantar. Ás 3 en punto partimos da cidade Compostelá rumbo as Rías Baixas.

No fermosísimo Pazo de Baión, en Vilanova de Arousa, agardábanos Alicia, que nos contou brevemente a historia do pazo e o proxecto que as bodegas Conde de Albarei viñan desenrolando dende 2008 no mesmo. Camiñando baixo parras e entre depósitos de viño escoitabamos atentos como paso a paso se consigue un albariño de calidade, pero como non so bastan as palabras ao finalizar a visita tivemos a oportunidade de degustar unha copiña do devandito viño, facendose así realidade nos nosos padais todos eses sabores e aromas dos que antes nos falaran.

Xa para rematar deixamos constancia gráfica da nosa visita, e tomamos o camiño de volta a Betanzos, iso si amodiño, que co viño xa se sabe…

 

PABLO VILLAVERDE BASTEIRO