Ex....polo mundo adiante: María Peteiro. Cursar 1º BAC en USA

Damos conta doutra das "ex" ( por un ano) que, xunto con Lorena Fernández, temos destacadas nos Estados Unidos: María Peteiro. Dende o seu instituto en Michigan fai oir a súa voz:

 

Ola a todos! Por se non me coñecedes, chámome María e estou estudando un ano en Estados Unidos, concretamente, no estado de Michigan.

Cheguei ao aeroporto de Grand Rapids o 20 de agosto (como podedes observar tiña cara de cansada, xa que cheguei ás 12 da mañá e levaba dende as 4 da madrugada esperta). Na foto está toda a familia menos Gabe (o irmán maior), que non puido vir recibirme.

 

Despois de chegar tiven bastantes días para coñecer diferentes lugares antes de comezar o novo instituto.

Empecei as clases o día 8 de setembro, aínda que previamente tiven unha orientación para coñecer un pouco máis como funcionaba.



Este é o meu instituto, Grand River Prep. Non é dos máis grandes que hai aquí pero aínda así tiven a oportunidade deperderme polos

corredores o primeiro día.

Levo xa casi un mes de clase, cos primeiros exames e adaptándome aos novos cambios, coma as clases de 95 minutos tres días por

semana, as distintas horas para comer segundo o meu horario, cando teño que pasar pola taquilla e por suposto a ver bandeiras do país por

todas partes (que por certo, a que hai na miña clase de historia ocupa case toda unha parede).

 

Nesta tempada de outono como deportes hai voleibol para rapazas, soccer para rapaces e cross country para ambos,pero no inverno cambian

e ven, por exemplo, o baloncesto.Os sábados e os domingos case están máis ocupados que o resto dos días, sempre hai cousas que facer!

Tamén vos deixo algunhas fotos das actividades que fixen.

 

 

Saúdos dende Grand Rapids e... Go Titans!

 

Tamén da nosa parte saúdos para María e... Go Garela!