Elaborar un Plan de Empresa Cooperativo.

Ocórresevos cousa máis elegante que servir nunha celebración suculentas lonchas de xamón serrano.  Imaxinades un xantar máis suculento e delicado que un rico fuet. Sodes capaces de pensar na gastronomía popular e culta do noso país sen a aportación de quen todo se aproveita, mesmo os andares.

Pois daquela entenderedes que por pura constatación histórica chamemos a unha parte do noso instituto "as porquerizas"... pero tamén entenderedes que todos no centro saibamos que tras ese nome agáchase a auténtica "zona nobre" do Aguiar (suculenta como o xamón, delicada como o fuet,  imprescindible como todo o que ven do porco)

Pois en tan privilexiado espazo tivo lugar o martes 28 de outubro unha interesante charla. O profesorado do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia en colaboración co Consorcio das Mariñas  organizou unha sesión de traballo para presentar  ao alumnado "como elaborar un plan de empresa cooperativo"