Eventos
Os días 2 e 3 de maio, celebráronse no noso IES, como vén sendo habitual dende hai case unha década, os Encontros con maiores de Afundación coa temática da Emigración. Nesta segunda volta, o alumnado de 3º da ESO puxo en común cos catro voluntarios participantes os seus pequenos traballos, froito da investigación na súa contorna sobre esta temática.
A actividade foi un éxito e moi ben valorada tanto polo alumnado como polos voluntarios participantes.
Esperamos seguir realizándoa en vindeiros cursos!
O alumnado de 3º da ESO participa na segunda parte da actividade de Afundación de Abanca: charlas con maiores sobre a inmigración.
Interesantes charlas sobre nutrición a cargo de Saúl Sánchez para o alumnado de 4º da ESO, que estiveron moi atentos e consultaron dúbidas alimenticias.
Xa temos rematado o novo recuncho na Biblio: o Xardín dos Libros, un espazo con propostas para ler nun ambiente de calma coma a que nos ofrece a natureza. Achégate e goza desta novidade na Biblio!
Moitas grazas a X. M. Reybao polo magnífico mural pintado que fai que o recuncho sexa aínda máis bonito.
O alumnado de E1 participa na Carreira Solidaria por Betanzos organizada polo CEIP Vales Villamarín.
Alumnado proxecto competencial de E3 visita o Pazo.
Agradeceriamos saber dicir quen é o autor da ilustración do Museo de Pontevedra.
É perfecta para explicar cal é o pracer que obtén o lector dos poemas de Música reservada!
O alumnado de E3E gozou dun paseo polo Betanzos dos séculos XIX e XX. Esperemos que aprenderan a relacionar o urbanismo e a arquitectura desta época coa estética e a historia da música. Canto menos amosaron interese e bo humor!
Visita á Domus do alumnado de Anatomía, Bioloxía, Cultura Científica e Antropoloxía.
Co gallo do Día das Letras Galegas, o alumnado de Proxecto Competencial de 1º ESO D/E plasmou algúns dos refráns e ditos populares relacionados co tempo que foron recollidos na Fase I de "Refráns Meteorolóxicos" de Meteoscolas.
Toda a comunidade educativa participou ao longo do curso aportando refráns dos seus lugares, primando a zona de Betanzos e das Mariñas. Mestúranse así aportacións do alumnado de todos os niveis con algúns do profesorado, de administración e de conserxería. Proximamente, procederase á Fase II de gravación dos mesmos na Radio do instituto por parte do alumnado e dos familiares que se queiran achegar a gravar.
Por orde cronolóxica
CONVOCATORIA ORDINARIA 1º BAC (Xuño 2024)
Último día de clase |
Mércores 5 de xuño |
Exames Finais Calendario elaborado dende xefatura de estudos segundo as necesidades do profesorado. |
6, 7, 10 e 11 de xuño |
Avaliación Final Ordinaria |
Mércores 12 de xuño |
Entrega de Boletíns |
Mércores 12 de xuño ás 19h na aula de referencia. |
Publicación de cualificacións en SIXA |
Mércores 15 de maio ás 21h |
Revisión de exames co docente |
Xoves 13 e venres 14 de xuño en horario de clase. De ser noutra hora, previa solicitude. |
Volta ás clases de recuperación e preparación das ABAU |
Xoves 13 de xuño |
Solicitude de Revisión aos Departamentos no centro ou correo electrónico (ver formularios no apartado dedicado á xefatura de estudos da páxina web do centro) |
Xoves 13 e venres 14 de xuño ata as 14h |
Comunicación Resolución dos Departamentos á FAMILIA |
Luns 17 de xuño ás 14h |
Solicitude de Reclamación a Xefatura Territorial no centro ou correo electrónico (ver formularios no apartado dedicado á xefatura de estudos da páxina web do centro) |
Martes 18 e mércores 19 de xuño ata as 14h |
Comunicación á XT |
Mércores 19 de xuño |
Envío do Expediente á Xefatura Territorial |
Xoves 20 de xuño |
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º BAC (Xuño 2024)
Último día de clase |
Venres 7 de xuño |
Exames Extraordinarios Calendario elaborado dende xefatura de estudos segundo os resultados da avaliación ordinaria. |
10, 11 e 12 de xuño |
Avaliación Final Extraordinaria |
Xoves 13 de xuño |
Entrega de Boletíns e documentación matrícula |
Xoves 13 de xuño ás 17:30h na aula de referencia |
Publicación de cualificacións en SIXA |
Xoves 13 de xuño ás 18h |
Pre-matrícula ABAU |
Venres 14 e luns 17 de xuño (ver quendas na web do centro) |
Revisión de exames co docente | Venres 14, luns 17 e martes 18 de xuño en horario de clase da correspondente materia e na aula de referencia (ver horario oficial de todo o curso) De ser noutra hora, previa solicitude. |
Solicitude de Revisión aos Departamentos no centro ou correo electrónico (ver formularios no apartado dedicado á xefatura de estudos da páxina web do centro) |
Luns 17 e martes 18 de xuño ata as 14h |
Comunicación Resolución dos Departamentos á FAMILIA |
Mércores 19 de xuño ás 14h |
Solicitude de Reclamación a Xefatura Territorial no centro ou correo electrónico (ver formularios no apartado dedicado á xefatura de estudos da páxina web do centro) |
Xoves 20 de xuño e venres 21 de xuño ata as 14h |
Comunicación á XT |
Venres 21 de xuño |
Envío do Expediente á Xefatura Territorial |
Luns 24 de xuño |
Probas Extraordinarias ABAU |
Martes 2, mércores 3 e xoves 4 de xullo |
O alumnado de E1 puido gozar da visita da escritoria Andrea Maceiras.
Alumnado de B1 de Xeografía e Historia visitan o Pazo de Meirás, onde aprenden sobre a súa orixe e o seu rol na historia de España e de Galicia.
Durante o curso 2013-2014 comezaron as primeiras reunións dos Clubs de Lectura.
Extendemos a convocatoria ás familias (e outros adultos da comunidade educativa) no inverno do 2013.
A primeira reunión sucedeu o 19 de marzo de 2014.
Iso significa que o 27 de marzo deste 2024, día da visita de José Ovejero, poderiamos ter conmemorado o décimo aniversario do noso Club de Lectura.
Aproveitaremos a xuntanza deste próximo mércores 29 de maio para festexar esta longa andaina.
19 horas
Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez
IES Francisco Aguiar
A Consellería de Educación vén de publicar información sobre o programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado de Francia durante o curso 2024/2025.
CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA: o alumnado residirá coa familia do seu homólogo francés e asistirá a clase no centro docente do seu anfitrión/anfitrioa, garantindo así a continuidade dos obxectivos curriculares e as competencias correspondentes á etapa educativa. Ao mesmo tempo, a familia do alumnado participante comprométese a acoller no seu domicilio e integrar na vida e actividades familiares a un alumno/a francés/a.
As datas previstas son as seguintes:
- Estadía en Francia: do 16/09/2024 ao 11/10/2024
- Acollida en Galicia: do 28/10/2024 ao 22/11/2024
DESTINATARIOS: alumnado que o vindeiro curso estea matriculado en 1º de Bacharelato, que curse francés como 1ª ou 2ª lingua estranxeira, que teña unha nota mínima de 7 no expediente da ESO e de 7 na materia de 4º de francés de 4º da ESO (ver outros requisitos na resolución que se achega).
PROCEDEMENTO E CRITERIOS DE SELECCIÓN: (ver Anexo II)
DOCUMENTACIÓN QUE O ALUMNADO DEBE PRESENTAR: solicitude de participación (ver Anexo I)
DATA TOPE DE PRESENTACIÓN: mércores día 5 ás 14.15