Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1
Start: 01/04/2024 18:30
| 2
all day
O alumnado de 3º da ESO participa no programa do Sergas YAM (Youth Aware of Mental Health). Trátase dun programa escolar no que os máis novos aprenden e debaten sobre a saúde mental, convidándoos a reflexionar sobre as súas emocións e a considerar diferentes enfoques cando se enfrontan a retos da vida. all day
| 3
all day
O alumnado de 2º da ESO está a colaborar no Programa Meteoescolas mediante a elaboración de "poemas meteorolóxicos" na asignatura de Lengua y Literatura Castellana coa profesora Elvira Castro. A maioría dos poemas están relacionados coa agua, a chuvia, o sol, as treboadas ou o cambio climático. Velaiquí unha imaxe de 6 dos poemas máis representativos. Pinchade nela para ver a totalidade dos que foron elaborados! | 4
all day
all day
Durante os días 4 e 5 de abril, celébranse no noso centro as I Xornadas de Sostibilidade. Estas xornadas xorden a partir dunha reportaxe periodística sobre a Pegada de Carbono realizada o ano pasado polo alumnado de Elvira Castro e Mª José Pardo. Contaremos con relatorios de alumnado, de expertos na materia e de políticos comprometidos na busca dun modo de vida máis sostible. | 5
all day
all day
O xoves e o venres, visitáronnos as nosas compañeiras do IES Valle de Piélagos de Cantabria. Esta visita forma parte da Fase III do programa da Consellería Observa_Acción. As dúas xornadas foron moi enriquecedoras e as reflexións posteriores de seguro que servirán para mellorar a nosa práctica docente. | 6
| 7
Start: 07/04/2024 12:16
|