Eventos - Filtro:
Ven | ||
---|---|---|
Un ano máis, o departamento de inglés e as seccións bilingües organizan unha VIAXE CULTURAL A LONDRES, que se desenvolverá en setembro-outubro de 2024 e estará destinada ao alumnado que nese momento estea matriculado en 4º da ESO. Poden acceder á presentación amosada e á documentación entregada nesa reunión nos arquivos que se achegan. Recordamos que o prazo de reserva remata o 20 de febreiro, e que é preciso facer o ingreso do primeiro pago (300€) e entregar o documento de condicións/protocolo de conduta debidamente asinado para que sexa efectiva. O 12 de febreiro saíu publicada no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas a alumnado matriculado en 1º ou 2º de Bacharelato.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. |