Eventos - Filtro:

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Domingo Febreiro 26, 2023 »
Dom
Start: 26/02/2023 11:20

 

 

 

Esta semana, os editores británicos de Roald Dalh anunciaban que cedían ás presións dos autoproclamados ben pensantes. Por iso, proximamente haberá dúas edicións dos libros deste magnífico autor satírico: a orixinal e outra na que desaparecerán as referencias ao xénero, apariencia ou peso dos personaxes. En fin...

Aínda que estas polémicas non deixan de ser un disparate cíclico, o fenómeno de necedade maiúscula é un moi precupante síntoma destes tempos nos que, os que deberían defender as súas teses nun debate intelectual sereno e produtivo, elixen constituírse en grupos de presión para exercer o seu poder mediante a imposición da censura.

Entre a censura e a liberdade, eleximos ler os poemas de Lucía Durán Paredes ou os irreverentes relatos de Roald Dalh e James Finn Garner.

Distribuir contido