Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Xuño 03, 2022
Start: 03/06/2022 20:14
    Na linguaxe cotiá dicimos “retratar” para referirnos simplemente ao acto de facer unha fotografía na que sae unha persoa. A miúdo a intencionalidade é rexistrar un momento concreto ou que esta persoa saia “guapa”. Nada máis lonxe do que fan os fotógrafos cando encaran un retrato. Facer un retrato significa observar a persoa, reflexionar, interrogarse sobre que queremos mostrar como fotógrafos e como o mostraremos. Un retrato constrúese, é dicir, o fotógrafo elixe que quere mostrar e como facelo: elixe o espazo, dispón ao retratado, dálle indicacións, estuda o rostro, as expresións, a mirada, a relación entre a luz e o rostro, etc. 
   «Entre o retratado e o fotógrafo hai un combate. E ese combate, para que a foto sexa boa, ten que gañala o fotógrafo e non o retratado, porque é evidente que o retratado asume un rol, unha pose de como lie gustaría aparecer. Dalgunha maneira, se auto-representa, ponse gracioso, sorrí... pero iso non ten nada que ver coa súa personalidade interior, que é o que buscamos nós cando facemos un retrato» (Humberto Rivas).
   Para Richard Avendon, «A primeira parte da sesión é un proceso de aprendizaxe para a persoa a quen retrato e para min. Teño que dicidir a colocación da cámara, a distancia adecuada do personaxe, a distribución do espazo ao redor da figura e a altura do obxectivo. Mentres, observo como se move, como reacciona, que expresións crúzanlle o rostro. Deste xeito, no momento de crear o retrato, dándolle indicacións podo incrementar unhas características naturais, a súa maneira de ser.» (Richard Avedon sobre o traballo en “In the American West”, retratando persoas que coñecía no mom ento da sesión fotográfica). 
Xosé Manuel Rey Bao
 
Domingo Xuño 05, 2022
Start: 05/06/2022 18:41
Días de primavera que, da man do salitre e do sol, anuncian a chegada do verán. 
E tamén, por que non... o inminente fin do curso.
Luns Xuño 06, 2022
Start: 06/06/2022 06:45
End: 06/06/2022 09:30

O día 6 de xuño, o grupo de E1A visitará o centro CIEC.

Martes Xuño 07, 2022
Start: 07/06/2022 06:45
End: 07/06/2022 09:30

O grupo de E1D visita o centro CIEC entre as 8:45 e as 11:30.

Start: 07/06/2022 09:00
End: 07/06/2022 12:30

No marco das actividades do grupo de mediación escolar, 21 alumnos e alumnas de ESO, dos curso de 1º, 2º e 4º de ESO, visitarán o Parlamento da Galiza.

Rechazo unánime del Parlamento a que se use la expresión «Galicia profunda»  de forma peyorativa

Mércores Xuño 08, 2022
Start: 08/06/2022 06:45
End: 08/06/2022 09:30

O grupo de E1B visita o centro CIEC entre as 8:45 e as 11:30.

Start: 08/06/2022 07:35
End: 08/06/2022 09:30

O día 8 os grupos de 1º C e 1ºD acudirán a ver un partido de baloncesto no pavillón do Concello.

Os grupos de 3º e 4º de ESO serán avaliados o mércores 8 de xuño, entre as 16:00 e as 22:00.

Start: 08/06/2022 10:20
End: 08/06/2022 12:15

O día 8 os grupos de 1º A e 1ºB acudirán a ver un partido de baloncesto no pavillón do Concello.

Xoves Xuño 09, 2022
Start: 09/06/2022 06:45
End: 09/06/2022 09:30

O grupo de E1C visita o CIEC entre as 8:45 e as 11:30.

Start: 09/06/2022 08:25
End: 09/06/2022 12:15

Os grupos de E2A e E2D sairán de ruta por Miño.

 

Ponte do Porco, un remanso de paz

Start: 09/06/2022 15:15

Después de haber trabajado en el aula la poesía, este es el resultado de la actividad llevada a cabo por el alumnado de 1º ESO.

Domingo Xuño 12, 2022
Start: 12/06/2022 18:10

 

 

 

Chegamos cansos ao final do camiño, por iso convén atopar momentos de reparación da man das lecturas: unha antoloxía de microrrelatos e unha historia de Fran Alonso.

Luns Xuño 13, 2022
Start: 13/06/2022 22:00

MATRÍCULA – Curso 22-23

Tras a avaliación final ordinaria da ESO (extraordinaria de Bac) e a entrega de notas, unha vez coñecidos os resultados académicos obtidos no curso 2021/2022, comezará o período de Matrícula para todo o alumnado, promocione ou non (este ano non hai matrículas en setembro)

Unha vez realizada a matrícula, só en circunstancias excepcionais e por causas totalmente xustificadas, poderá ser solicitada algunha modificación nas materias escollidas. Estas solicitudes serán estudadas e resoltas pola Dirección do centro.

A impartición das materias elixidas está condicionada a que haxa un mínimo de alumnado (5 para  materias troncais e 10 para optativas) e ás posibilidades organizativas do Centro.

Para a adxudicación de optativas terase en conta, ademais da continuidade de estudos ou posibles incompatibilidades por materias cursadas anteriormente, a orde de chegada o día asignado.

Para a sección bilingüe, serán as cualificacións obtidas en inglés e nas materias propias da sección.

O alumnado e as familias poderán consultar calquera dúbida, sobre a elección de materias optativas e itinerarios, ao Departamento de Orientación, á Xefatura de Estudos ou á Dirección do centro.

 

Xoves Xuño 16, 2022
Start: 16/06/2022 07:35
End: 16/06/2022 12:15

O grupo de 1ºD de ESO vai de ruta polo Val do Mandeo.

Start: 16/06/2022 08:25
End: 16/06/2022 12:15

Os grupos de E2B e E2D saen de ruta de sendeirismo a Miño, entre as 10:25 e as 14:15.

 

Ponte do Porco, un remanso de paz

Venres Xuño 17, 2022
Start: 17/06/2022 08:25
End: 17/06/2022 12:15

Os grupos de 3º C e 3º D van de ruta por Sada, concretamente por Carnoedo.

Domingo Xuño 19, 2022
Start: 19/06/2022 17:13

 

 
 
Chegou o momento de explorar as outras moitas posibilidades que ofrecen os libros.

 

Luns Xuño 20, 2022
Start: 20/06/2022 06:45

Durante estes tres días realizaranse as probas de avaliación extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato.

Start: 20/06/2022 10:25
End: 20/06/2022 12:15

A entidade SEDRA Galicia ofrece aos grupos de 4º de ESO no Salón de Actos unha charla de sexualidade e diversidade afectivo sexual.

Martes Xuño 21, 2022

Durante estes tres días realizaranse as probas de avaliación extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato.

Hoxe día 22 de xuño rematan as aulas de ESO e de 1º de Bacharelato.

Vémonos en setembro! Boas vacacións!

 

Mércores Xuño 22, 2022
Start: 20/06/2022 06:45
End: 22/06/2022 12:15

Durante estes tres días realizaranse as probas de avaliación extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato.

Venres Xullo 01, 2022
Start: 01/07/2022 15:37

Acto de entrega da VII Olimpiada de Traducción de Textos Clásicos en Griego. USC. 

Durante a entrega deste segundo premio a Sofía Veiga García, o presidente da SEEC Galicia recordou o mérito da nosa (literalmente) laureada alumna por ter quedado en segundo lugar no Concurso Nacional Parnaso. 

Parabéns de novo a Sofía e ao seu mentor, o profesor de Grego Francisco Calaza.

Start: 01/07/2022 15:57
Os alumnos de 2º BAC, Daniela Marcos Otero, Brais Cano Fariñas e Sofía Veiga García veñen de recibir o recoñecemento de Mellores Expedientes USC por vir de obter unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU. 
Este é un premio ao esforzo dos alumnos e un motivo de satisfacción para as súas familias e, por que non decilo, para os docentes que lles impartiron clase tamén nas anteriores etapas ao bacharelato: Daniela e Brais, no CPI Cruz do Sar de Bergondo, e Sofía, no IES Francisco Aguiar.
 
Brais desexa estudar Enxeñaría Aeronáutica e do espazo en Ourense.
Daniela, Traducción e Interpretación na Universidade de Salamanca. E a Sofía a esperan na UDC para cursar un doble grao: Simultaneidad: Grado en Inglés y Grado en Español. 
Parabéns para todos eles e o noso desexo de que consigan os mellores logros nos seus estudos universitarios que comezarán o próximo curso.
Distribuir contido