Eventos
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...
A noticia da publicación da última tradución ao galego do profesor Francisco Calaza.
XENOFONTE E PSEUDO-XENOFONTE, Constitución dos lacedomonios e Constitución dos atenienses, Rinoceronte, Cangas, 2021, 68 páxinas.
***
TRADUCIÓN DO GREGO ANTIGO, INTRODUCIÓN E NOTAS JOSÉ FRANCISCO CALAZA FERNÁNDEZ
O século V a.n.e. é unha época de grande intensidade tanto a nivel político como cultural. É neste tempo cando empeza a xurdir a reflexión arredor do sistema político da democracia. As dúas obras que se presentan neste volume están compostas neste contexto histórico que constitúe a orixe no estudo do pensamento político grego. Os acontecementos históricos nos que se verán envoltas as distintas cidades–estado serán decisivos na historia de Grecia e terán grandes repercusións na posterior cultura occidental. Xenofonte considera que a Guerra do Peloponeso e os distintos acontecementos da segunda metade do século v serán a orixe de todos os males dese tempo. Na Constitución dos Lacedemonios, Xenofonte representa os ideais oligárquicos de Esparta á vista das consecuencias da Guerra do Peloponeso. O modelo que el propón baséase nas reformas instituídas por Licurgo. Na Constitución dos Atenienses, o autor analiza desde un punto de vista moi crítico o réxime da democracia partindo das bases do poder do estado ateniense que se configura durante a Pentecontencia, período que abrangue desde a derrota dos persas na Segunda Guerra Médica no 480 a.n.e. até o inicio da Guerra do Peloponeso, no 433 a.n.e. Presenta este modelo de goberno como un réxime eficaz pero corrupto ao mesmo tempo. O obxectivo do autor é chegar ao concepto de eunomía ou goberno dos mellores.
O vindeiro 15 de marzo, das 12:35 ás 14:15, a associación Sexpoint Casco, da Coruña, impartirá a primeira sesión do seu obradoiro sobre afectividade e doenzas de transmisión sexual.
A empresa Orballo, representada por Óscar Torres (responsable de comunicación e Marketing de Orballo) impartirá unha conferencia, dirixida ao alumnado de 1º do Ciclo formativo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, cos seguintes obxectivos:
- Favorecer o contacto entre empresas da contorna e o alumnado de 1º curso do ciclo formativo.
- Compartir e coñecer de primeira man un caso concreto de plan de marketing de empresa.
- Incrementar entre o alumnado o coñecemento das principais variables que se teñen en conta na creación do Plan de Marketing para una gama de produtos determinados.
O día 19 de marzo é festivo en toda a Galiza.
De certo, a vida ía en serio.
Por iso morrer non conta números.
Eras moza,
cómplice nunha derrota que non
sumabas. Feliz por terte insomne
por inmortal.
Xa temos cadáveres amigos
e coñecidos,
sabemos da morte o legado inútil.
Pero ique ridículo! ¿non?,
abraza-lo feito feliz de xa medrar
—camiñar ás aforas—
en tempos asepticamente tan
Alienados
Xela Arias
O Departamento de Normalización Lingüística do IES Francisco Aguiar organiza para o grupo de 1º D de Bacharelato unha visita virtual á editorial de poesía "Medulia", co obxec tivo de dar a coñercer a forma de traballar dunha editorial de poesía.
MEDULIA, editorial galega, privada e independente, ofrece unha asistencia integral, tanto literaria como xurídica, a calquera autor/a que lle confíe o seu manuscrito desde o momento da entrega ata a publicación. E despois de publicado, continúa apoiando o seu desenvolvemento e promoción, sempre no propósito de dotar a cada obra da maior visibilidade e transcendencia.
O vindeiro 25 de marzo, das 08:45 ás 10:25, a asociación Sexpoint Casco, da Coruña, impartirá a segunda sesión do seu obradoiro sobre afectividade e doenzas de transmisión sexual.
Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado nas drogas legais (alcohol e tabaco), a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.
- 1º A, de 9:34 a 10:25
- 1ºB, de 10:40 a 11:30
- 1ºC de 12:35 ás 13:25