Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Venres Xuño 07, 2019 »
Ven
Start: 07/06/2019 08:45

Desserts5e CONCOURS DE DESSERTS FRANÇAIS
 

Vendredi 7 juin 2019 aura lieu le traditionnel concours des desserts.

 

Voilà les15 desserts en compétition(enlace):

 
La charlotte, Les gaufres, Les crêpes, Le Paris-Brest, L’éclair, La crème brûlée, Les profiteroles, Le mille-feuille, La tarte tatin, Le clafoutis, Les macarons, La tarte au citron meringuée, Le gâteau au fromage  blanc alsacien, Le coulant, La mousse au chocolate       

 

MECÁNICA DO CONCURSO E OBXECTIVOS DIDÁCTICOS. 

1.- As receitas poderán ser obtidas de libros de cociña francesa, revistas ou de Internet sempre que sexan receitas pertencentes á gastronomía francófona.

2.- Durante unha sesión de clase traballaranse os aspectos lingüísticos das devanditas receitas.

3.- Unha vez elixida a receita e traballado o léxico correspondente, os alumnos participantes, de maneira individual ou en grupo (non máis de tres alumnos), elaborarán na casa o devandita sobremesa para a súa presentación ao concurso o día seguinte.

4.- Esta actividade complementaria está deseñada de tal xeito que non interfira nas actividades lectivas cotiás dese día.

5.- Tódalas sobremesas teñen que vir en pratos de usar e tirar. Non nos facemos responsables do que se poida romper.

6.- Os alumnos deixarán a sobremesa ás 8:45 da mañá do día do concurso na biblioteca, nas mesas dispostas ao efecto, xunto cunha pequena tarxeta co nome da sobremesa, así como o nome do(s) concursante(s) na parte posterior. Acto seguido iranse ás súas clases normais podendo volver á biblioteca só no período do recreo.

7.- As sobremesas serán cualificadas por un xurado composto por  membros da nosa comunicade educativa. Ao longo da mañá, os membros do xurado irán pasando polo lugar onde estarán expostos, e iranos degustando e cualificando de acordo cos seguintes criterios: SABOR  e PRESENTACIÓN.

8.- Os alumnos que teñan clase de Francés ese día, poderán baixar, nesa hora, acompañados da profesora (se esta o considera oportuno), para ver a exposición das sobremesas.

9.- No segundo recreo tódolos alumnos de Francés poderán participar na degustación de ditas sobremesas.

10.- O luns da semana seguinte exporanse os nomes das 3 sobremesas gañadoras para os que haberá uns premios moi interesantes.

OBXECTIVOS.

1.- Aspectos lexicais: vocabulario referido aos alimentos.

2.- Aspectos morfosintácticos: o uso do artigo partitivo e do imperativo.

3.- Aspectos socioculturais: familiarizar aos alumnos coa grande variedade e riqueza da cociña francesa en particular, e francófona en xeral.

4.- Espertar o interese dos alumnos por unha alimentación saudable, sen esquecer a dimensión social e cultural da mesma.

5.- Ser capaces de comprender unha receita e elaborala. 

Start: 07/06/2019 12:25
teresa amado O vindeiro curso estrenamos unha nova optativa, 'Fundamentos léxicos para a ciencia e a técnica', e quén mellor que Mª Teresa Amado para presentala ao alumnado. Charla de dúas horas de duración para os 4º de ESO no salón de actos.
Distribuir contido