PROTEXAMOS OS ECOSISTEMAS DA NATUREZA
Xurdiu nas conversas da asamblea, que os animais domésticos estaban atendidos nas casas como un máis da familia, recibindo coidados e cariño,pero que os salvaxes non tiñan que os coidara. Plantexouse a pregunta de cómo poder axudar tamén aos salvaxes para que tiveran unha boa vida.
Foi cando rápido xurdiu a necesidade de coidar a natureza, rios, mares, bosques e ser responsables ca pegada do ser humano nela. Ollamos imaxes de mares cheos de lixo, animais sen comida nos bosues queimados,... de aqui xurdiu a idea de crear un xogo de destreza motriz no que debían retirar os plasticos e lixo do océano sen quitarlles a auga, para que puideran seguir nadando, e a verdade que foi todo un éxito.