Un venres máis gravamos aos alumnos e alumnas do cole no seu "Venres de Viva Voz". Esta semana 5°A preséntanos unha receita terroríficamente Saudable . Tomade nota e a cociñar “Crema de cabaza”.
Bo proveito, e grazas por mostrarnos esta receita tan saudable!
Comezamos un ano máis cos “Venres de Viva Voz”, actividade para mellorar a competencia linguística do noso alumnado. Cada aula prepara unha exposición oral sobre a temática do noso PDI (Proxecto Documental Integrado) e a presenta na outra clase do seu mesmo nivel.
Gravamos os venres e este ano a andaina comeza por sexto. O noso proxecto de este curso é “Vivindo San No Cole Frian” e o alumnado de sexto vai a contar a súa experiencia no obradoiro de Pepe Solla: “Darlle valor ao peixe”
Prestade moita atención!!
Unha vez limpo o peixe, imos cociñalo. Atentos a receita que nos presenta 6º-B :