Xogos

sesións

BEISBOL COS "HALCONES DE VIGO"

 A derradeira semana de setembro, tivemos unhas sesións prácticas de beisbol. Juan Antonio Rodríguez, o adestrador do equipo vigués, que xogou nas ligas estadounidenses, explicounos os fundamentos deste deporte maioritario nos USA. Animounos a probar no seu equipo (Halcones de Vigo). Deixamos unhas fotos dos bateadores do cole.

 

Podes seguir as actividades deportivas, que se desenvolven no noso Centro, nesta páxina no bloque de "Educación Física".

I TORNEO DE BÁDMINTON

  Durante este trimestre desenvolveuse o I torneo de bádminton entre alumnos e alumnas de 5º e 6º. Máis de 60 disputaron o campionato. Estas semanas de xuño foron as finais. A gran final foi entre Gustavo (6ºA) e Estevo (6ºB), levándose o primeiro deles o triunfo. Noraboa a todos, visto o éxito pronto celebraremos a II edición.

 

Preme na foto e poderás ver máis imaxes do torneo.

 

 


SESIÓN PRÁCTICA DE VOLEIBOL

O pasado 18 de xuño veu o adestrador do Xuvenil de Teis de voleibol, Miguel Martínez. Coa súa característica sabiduría e paciencia, disfrutamos deste deporte tan plástico e divertido.

 

 

Preme na foto e verás máis:

 

 


XOGOS "A LÍNGUA SABE A PAN"

O martes día 4 de xuño celebrouse no cole o festival do proxecto "a língua sabe a pan". Desde EF colaboramos cunha serie de xogos populares. Podedes clickar nas seguintes imaxes para ver unha chea de fotos.

 

 

 

 

 

 

 

 


Powered by Drupal - Design by artinet