Skip to Content

Celebracións

Celebracións

Premio Supersaudables Xaneiro

O alumnado de Infantil gañou este mes de xaneiro a recompensa do club dos supersaudables por traer durante todo o mes unhas merendas saudables. Como agasallo o mércores desta semana durante a hora do recreo tivemos música para mover o esqueleto.

 

 

 

OS REIS VISITARON O FRIÁN

Os reis magos non se esqueceron do alumnado de Infantil do Frián e deixáronnos uns agasallos para as aulas ,uns xogos moi especiais para gozar entre todos.Moitas grazas!!!

 

Parabéns!!!

Festexamos os aniversarios de todos os alumnos que cumpliron anos neste 1º trimestre de curso. As familias trouxeron tartas, patatillas, chocolate, bebidas... e todos xuntos pasamos un rato moi agradable festexando os aniversarios dos nosos compañeiros.

 
 

Contos de nadal

Xa está aquí o Nadal e os nenos/as de infantil aproveitan a ocasión para gozar das recomendacións lectoras para estas festas que nos ofrece a nosa biblioteca.

 

"NON É NON"

Este venres festexamos no cole o día Contra a violencia de xénero, que se conmemora todos os anos o 25 de novembro. Este ano baixo o lema "NON É NON" elaboramos un muro representativo contra a violencia. Non vos perdades todas as actividades que realizamos todos xuntos.

 

Resultado de imagen de lazo morado violencia de genero

Distribuir contido


by Dr. Radut