Skip to Content

Foi nova...

UN COLE, UN LIBRO: O MUNDO!!!!

O día 31 de maio de 2010 rematou oficialmente o noso Proxecto Documental Integrado titulado Un cole, un libro: o mundo!

PARA SABER MÁIS SOBRE O FIN DE FESTA, NON TES MÁIS QUE PREMER NA SEGUINTE IMAXE 

 

 MURAL_PROXECTO_BIBLIOTECA

 

 

SELECCIONADOS PARA O PROXECTO ABALAR

LOGO ABALAR
A PARTIR DE HOXE SOMOS UN CENTRO EDUCATIVO DIXITAL
PROXECTO ABALAR

1º PREMIO BLOGS DE CENTRO

 

LOGO PREMIO EDUBLOGS

Ter sido nomeados finalistas no Concurso Espiral de Edublogs xa nos parecía un recoñecemento inmerecido. Canto máis ter conquerido a Peonza de Ouro na categoría de Blogs de Centro!

 

Moitas grazas a todos e a todas os que, co seu traballo e colaboración, o fixeron posible. E grazas ó xurado que valorou tan positivamente o contido da nosa páxina.

 

Para máis información visita o seguinte enlace:

 

  http://edublogs10.ciberespiral.org/?p=5430

Estamos encantados, ademais, de compartir este galardón con todos estes blogs gañadores que teñen unha calidade tan magnífica:

Blogs de Centro

CEIP Frian -Teis

Cicle Mitjà – CEIP St. Martí d’Arenys de Munt

400 colps

A prensa faise eco do premio. Para lelo visita o seguinte enlace:

http://olardefriancinho.blogspot.com/2010/05/o-frian-no-faro-de-vigo.html

 

PROPOSTAS PARA O MES DE MAIO

BOTÓN LETRAS GALEGAS 

BOTON POESIA EN FAMILIA

BOTON CONCURSO FOTOGRAFÍA

     

UN NOVO PREMIO


finalistas edublogs 

 

Finalistas IV Premio Espiral edublogs 2010 en el apartado Blogs de Centro 

Noraboa a toda a Comunidade Educativa do noso Colexio por este novo premio, que ven ser o recoñecemento a un traballo dinámico, entusiasta, colaborativo e innovador. 

Nesta ocasión, non existe ningún tipo de remuneración. Pero... non é suficiente coa "gloria"...? De cando en vez, que nos dean unha palmadiña na espalda ven... pero que moi ben!

Estamos moi orgullosos do voso traballo. Como observaredes, somos o único centro galego que conqueriu un recoñecemento nesta categoría (aínda que existen tres bibliotecas escolares da nosa Comunidade que recibiron un premio polo seu blog). 

Noraboa a todos os premiados, e... Adiante! 

 

Para coñecer os demáis finalistas destes premios visita o seguinte enlace:

http://edublogs10.ciberespiral.org/?p=5391

 

Distribuir contido


by Dr. Radut