Skip to Content

A FRAUTA MÁXICA

Kenneth Branagh 
 
 
Ademais da música de Mozart, cada posta en escea da ópera A Frauta Máxica é unha fantástica oportunidade para pór a proba o inxenio e a creatividade do director artístico.
 
Nesta ocasión, presentámosvos unha estupenda adaptación cinematográfica realizada polo afamado actor e director de cine Kenneth Branagh. Nela, os personaxes falan en inglés, non en alemán. Pero... ademais, por arte de maxia, a acción trasládase ás trincheiras da Primeira Guerra Mundial. Magnífico entorno para facernos chegar a auténtica moralexa desta historia: o ben sempre acaba sobrepoñéndose ó mal! 
 
 


page | by Dr. Radut