Skip to Content

Reunión inicio de curso: Plan Covid

 

Prezadas familias:

 

Esperando que vos atopedes ben e pasarades un verano o mellor posible queremos comunicaros que o Equipo do Frian, leva preparando durante este verán unha volta ás aulas o máis segura posible. Somos coñecedores de todas as incertidumes que tedes, pero aquí seguimos para acompañarvos nesta volta ás aulas con moita ilusión e resposabilidade.

Moitas son as normas que imos ter que cambiar para evitar aglomeracións e posibles contaxios. O documento que nos guía na elaboración do noso Plan Covid 19  é o protocolo editado pola Xunta do 22 de Xullo e modificado o 31 de Agosto.

Queremos contarvos o noso "Plan Covid" nunha reunión presencial ó aire libre ou telemática (o que decidades) antes de empezar as clases.

Os temas a tratar na mesma serán as distintas medidas organizativas adoptadas como horarios de entrada e saída, portas de entrada e saída, quendas de recreo, circulación polo colexio e patios, última hora de comedores-aula matinal-extraescolares, en definitiva, novas normativas coas teremos que convivir.

Se ides asistir presencialmente tede por descontado que cumpriremos as medidas sanitarias recomendadas, usando máscaras, xel hidroalcohólico e gardando a distancia de seguridade. Soamente poderá vir un adulto por alumno/a, non podendo vir acompañados dos/as nenos/as. Todos/as asistentes seres identificados/as na entrada á reunión. Abriremos a porta do patio 5 minutos antes da hora sinalada no cuadro inferior.

Debemos ser moi puntuais tanto para a reunión presencial como para a telemática.

Para os que optedes por asistencia telemática enviarémosvos por Abalar móvil as instrucións a seguir.

 

MARTES 8 DE SETEMBRO

 

Educación infantil 3 anos

 

    11:00-11:30  

 

Educación infantil 4 anos

 

    11:45-12:15

 

Educación infantil 5 anos    

 

    12:30-13:00

   

 

1º de primaria

 

    16:00-16:30

 

2º de primaria

 

    16:45-17:15

 

3º de primaria

 

    17:30-18.00

 

4º de primaria

 

    18:15-18:45

 

5º de primaria

 

    19:00-19:30

 

6º de primaria

 

    19:45-20:15

 

Esperámosvos, xuntos e xuntas sairemos adiante!

Benvidos/as o curso escolar 2020/21!

 



page | by Dr. Radut