Skip to Content

Graduación 6º de primaria 2019

O pasado venres 14 de xuño o noso alumnado de 6º de primaria celebrou a súa "Graduación".

Esta promoción, que comezou o seu camiño escolar alá polo ano 2010, deixounos moitísimos recordos que poidemos desfrutar nun vídeo recopilatorio feito para tal ocasión polo mestre Jose con moito cariño.

Despois dunha comida organizada pola ANPA do colexio chegou o acto da Graduación en presencia das familias. Intercambio de agasallos, bicos, sorrisos, bágoas e fotos fixeron as delicias de todos.

Rematamos a celebración co tradicional lanzamento de birretes dende a entrada principal.

Ata sempre Frianciños e Frianciñas sempre estaredes no noso corazón!

Premendo na foto poderás ver a reportaxe e descargar as fotos

 

 



page | by Dr. Radut