Skip to Content

Comeza a acción con 5º

“COMEZA A ACCIÓN”

 

   Baixo o nome de"Comeza a acción", as alumnas e alumnos  de 5º quixemos facer unha investigación da relación do noso cerebro coas emocións e coa nosa capacidade deatención, concentración e relación cos demais. Necesitamos aprender estratexias para estar máis atentos, máis concentrados, controlar mellor as nosas emocións e levarnos mellor, favorecendo unha convivencia máis pacífica.

 

Repartimos este traballo por equipos. Cada equipo realizou unha tarefa. Tivemos tres sesións para traballar nos equipos e despois expuxemos o noso traballo aos compañeiros/as.

 

                  ÁNIMO A INVESTIGAR  E ... COMEZA A ACCIÓN!!

 

-EQUIPO DOS CEREBROS:  A nosa tarefa foi facer unha exposición das partes do cerebro e das súas funcións.

 

-EQUIPO DAS EMOCIÓNS :   A nosa tarefa consistiu en explicar que son as neuronas espello e por que se contaxian as emocións.

 

-EQUIPO DOS OPTIMISTAS: A nosa tarefa consistiu en explicar como podemos entrenar ao cerebro para ser máis optimistas.

 

-EQUIPO DAS TARTARUGAS:  A nosa tarefa consistiu en explicar como podemos autocontrolarnos ante os conflictos. Explicamos con exemplos como educamos ao noso cerebro.

 

-EQUIPO DOS EXPERTOS/AS EN IOGA: A nosa tarefa foi explicar en que consiste esta técnica e para que é útil ao noso cerebro.

 

-EQUIPO DOS EXPERTOS/AS EN MINDFULNESS : A nosa tarefa consistiu en explicar que beneficios aporta o mindfulnes para traballar a nosa capacidade de concentración.

 

Toda a información aportada por cada un dos equipos recollémola na ferramenta dixital genially. Podedes desfrutar do noso traballo:

 Lembrade:

 O cerebro é un músculo e necesita adestramento...comeza a acción

 
 
 


page | by Dr. Radut