I CERTAME " POEMAR AO AMOR "

Coa escusa do día de San Valentín, festexamos o I Certame " Poemar ao amor". Un certame que implica plasmar os nosos sentimentos cara ós diferentes tipos de amor que forman parte das nosas vidas: amigos, pais/nais, avós, a natureza... E así foi como a participación do alumnado do Frian non se fixo esperar . Aquí deixamos unha mostra dos mellores poemas e algúns dos finalistas do certame. Os gañadores poderán recitar o seu poema o día 22 de marzo no que festexaremos o día da Poesía. A súa vez tamén serán publicados no xornal do cole e haberá algunha que outra sorpresa. 

Grazas a todos os alumno/as, grupos  e as familias pola súa participación. Esperámosvos no certame do ano vindeiro!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet