AMBIENTADOR NATURAL

 

O alumnado de 1º A e 1ªB fixemos un obradoiro de “ambientadores naturais” para arrecender nas nosas aulas.

Para facelos empregamos:

laranxas

rotuladores

punzóns

cravos de olor

Cos rotuladores fixemos debuxos sobre a pel das laranxas, logo fixemos pequenos buratos cos punzóns, e para finalizar, metimos os cravos de olor nos buratos.

As laranxas quedaron xenial e, sobre todo, temos un bo arrecendo nas nosas aulas.

Aquí amosámosvos o proceso con algunhas fotos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet