O alumnado de 3 anos coñece a Hervé Tullet e os seus contos . Este ilustrador francés organizou obradoiros con nenos por todo o mundo para ensiñarlles os mais pequenos a crear en libertade.Quizá niso consiste o seu éxito en facer dalgo sinxelo algo interesante.
Aproveitamos os libros de Tullet para iniciarnos no coñecemento do círculo e das cores básicas. Unha experiencia moi interesante cos nosos cativos que consistirá só no comezo desta pequena aventura artística. Todos os contos de Tullet están na nosa biblioteca do Frian e podemos gozar deles sempre que queiramos.