Skip to Content

Un paseo pola nosa Biblioteca

Inda non coñeces a nosa Biblioteca?

Mentras non te achegues fisicamente, podes facer esta visita virtual. Sé benvido ou benvida!

 
Portas da Biblioteca e da Sala de Informática
   
Interior aula informatica

 No noso Cole, a Sala de Informática e a Biblioteca teñen tanto que ver, que están unha ó lado da outra.

   

 Se precisas información a traverso da Internet, ou elaborar os teus traballos de investigacón, non tes máis que entrar na Sala de Informática, onde existe unha boa dotación de ordenadores.

Acceso á Biblioteca
   
A Biblioteca dende a porta

Aquí tes a porta de acceso á Biblioteca. Atréveste a entrar e a coñecer os seus segredos?

 

 Se franqueas a porta de entrada, esta será a vista que terás da nosa Biblioteca. Non te parece acolledora?

 

 

vidriera

 

 Zona de lectura informal

As magníficas vidrieiras das fiestras dan un toque de cor á Biblioteca.

 

 Seguro que con este ambiente tan acolledor te apetece deitarte un rato a ler. Aquí tes a ZONA DE LECTURA INFORMAL.

Zona de estudio
 

Zona de préstamo

Para ler ou investigar, aquí tes a ZONA DE ESTUDIO e TRABALLO EN GRUPO.

 

Se necesitas consultar algo, ou levar algún libro en préstamo, deberás dirixirte á ZONA DE PRÉSTAMO, onde se xestionan todos os fondos da Biblioteca.

Cartel de seccións
 

 Panel de novidades

Para coñecer as lecturas máis axeitadas á túa idade, podes axudarte pola sinalización das diferentes SECCIÓNS.

 

 Se queres coñecer as últimas novidades, ou a Bibliografía sobre un tema de traballo proposto para o Centro, consulta o PANEL DE NOVIDADES.



page | by Dr. Radut