Skip to Content

8 de marzo, "Día da Muller traballadora"

Hoxe 8 de marzo de 2018 celebramos no noso colexio o "Día da Muller". Nesta ocasión o noso recordo foi para mulleres deportistas destacadas en diferentes disciplinas e para as mulleres máis importantes nas nosas vidas.

O equipo de Educación Física propúxonos distintas posibilidades de Mulleres deportistas relevantes de todos os tempos; cada curso fixo a súa elección e despois de traballadas na aula tocou colocalas no taboeiro para que todos e todas poidan desfrutar dos traballos.

Todos e todas xuntos/as cantamos no patio "Son muller" de Máis boas que as patacas.

Feliz día da Muller e que todos os días sexan 8 de marzo!



page | by Dr. Radut